Imprimir

O SÁBADO 31 DE AGOSTO COMEZA A MOSTRA DE VELLOS OFICIOS VIVOS QUE ACHEGARÁ A ARTESANÍA TRADICIONAL Á CIDADE


27/8/2013 Todas as fins de semana ata o 15 de setembro haberá demostracións de cestería, carpinteiria, forxa ou as artes do mar entre outros

 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou unha nova edición da Mostra de Vellos Oficios Vivos que se mostrarán en directo na Praza Maior os fins de semana entre o 31 de agosto e o 15 de setembro.


Nesta nova edición, tres asociacións culturais especializadas na recuperación da cultura popular e un total de 31 artesáns de distintas disciplinas e áreas xeográficas mostrarán en directo os seus métodos de traballo e realizarán obradoiros para o público que desexe participar.

Carmen Basadre tamén adiantou que, por primeira vez, “o Consello do Ferro vai crear unha escultura móbil dun tear que se instalará nas proximidades do centro social de Fingoi xa que alí se leva a cabo un aula de recuperación dos traballos en lá”. Os artesáns estarán desenvolvendo a súa labor entre as 11 e as 21 horas nos soportais e no fondo da Praza Maior.

A responsable de Cultura sinalou que no primeiro fin de semana haberá demostracións de olería de Buño, tornería de madeira, cestaría tradicional en varios materiais, forxa e escultura, encaixe de horquilla ou o proceso completo da lá que terán un tear para as súas demostracións. Durante os días 7 e 8 de setembro haberá demostración de palilleiras, zoqueiros, teitador (frabricación de tellas), canteiro, e olería de Bonxe.

O último fin de semana da Mostra de Vellos Oficios Vivos estarán artesáns da madeira para a creación de instrumentos musicais, escultores, e olería de Gundivós. A Mostra pecharase o domingo 15 cunha xornada adicada ás artes do mar e no que a Asociación Rederias do Cabo Burela ensinaran a facer palagres, anzós, e volantillas. Ademais tamén estará un artesán especializado en carpintería de ribeira que traballará no esqueleto dun barco tradicional.

 Datos visitas guiadas Lugo romano

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua tamén informou da ampliación ata o San Froilán das visitas guiadas ao Lugo romano que se celebras os sábados e os luns de cada semana. Basadre destacou a cantidade de persoas que se inscriben para coñecer un pouco máis a cidade e que dende o 20 de xullo xa foron preto de 300 persoas.