Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo dispón dunha plataforma informática gratuita para que as empresas locais se podan anunciar


# Martes, 27/08/2013
A Concelleira de Economía informou na Comisión de Contas sobre a execución presupostaria do 1º semestre do ano 2013 con resultados positivos

Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, informou esta mañá dos asuntos tratados na Comisión de Contas entre os que destaca o funcionamento do directorio de empresas locais que se creou na web do CEI-Nodus.

Sonia Méndez explicou que “este catálogo permite unha difusión gratuíta de todas as empresa do municipio de Lugo, ademais de estar nunha web que ten miles de visitas”  xa que é unha platarforma de promocion gratuíta. Ademais anunciou que dende os departamentos do Concello se vai acudir a este catálogo á hora de contratar naqueles procedementos nos que a lei o permita.

Neste sentido referiuse a que “queremos darlle máxima difusión para que todas as empresas interesadas se den de alta no catálogo de empresas a través do fomulario da web do CEI-Nodus” e explicou que dende o Goberno Local xa se deron pasos para que este directorio sexa o máis amplo posible. “Xa se dirixiu un carta con toda  a información a 70 asociacións empresariais e colexios profesionais para que informen aos seus colexiados e asociados deste servizo gratuíto que ofrece o Concello” segundo a responsable da área de Economía. 


Execución orzamentaria
Na Comisión de Contas tamén se informou sobre a situacións dos pagos a proveedores do primeiro semestre do 2013 e no que a Tesourería municipal ten todos os pagos ao día e non se debe ningunha factura á 31 de marzo de 2013. Esta liquidez da que desfruta o Concello é froito dunha xestion racional e eficaz polo que “nos permite non ter que acudir aos créditos que ten o Goberno de España para cumprir cos pagos aos proveedores e que ademais teñen uns intereses moi altos”. Neste sentido, Méndez sinalou que “podemos afirmar que o Concello de Lugo aforrou 1 millón de euro en intereses ás arca municipais nos seis meses que vai de ano ao non acollerse a estes créditos do Goberno estatal”. 

Por outra banda, as facturas estanse a pagar en 53 dias e delas, a metade, páganse en en 30 días pero “queremos reducir este tempo aínda máis xa que un dos obxectivos do Goberno Local é que os proveedores cobren o antes posible para garantir a circulación económica” así adiantou que se están a estudar diversas medidas pola Tesoureria municipal para eliminar trámites intermedios.


Tamén a Interveción municipal informou da execución do presuposto durante o 1º trimestre do ano e que se presenta similar que no mesmo periodo do 2012. Así, os gastos foron de 14,8 millóns de euros e os ingresos de 14 millóns de euros polo que “este equilibro fai supoñer que a  evolución do orzamento vai tender a pechar o exercizo do 2013 con superavit igual que no 2012 e nos últimos anos, se non se producen máis incidencias do normal” segundo manifestou Méndez.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova