Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Goberno Local aprobou as bases xerais para o proceso extraordinario de funcionarización


# Mércores, 28/08/2013
Ademais tamén se aprobou unha modificación do contrato do servizo de mantemento de xardíns ao incluir 251.391 m² de novos espazos verdes

Imaxe Asociada
O Voceiro de Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, deu conta dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá e da que destaca a aprobación das bases xerais do proceso extraordinario de funcionarización do Concello de Lugo.

Trátase do último trámite desta funcionarización que afecta a 128 traballadores do Concello de Lugo que tiñan categoría de persoal laboral fixo e que lles abre a oporutnidade de adquirir a categoria de funcionario. Luis Álvarez sinalou que dentro do procedemento diferéncianse tres grupos en función de cómo se fixese o sistema selectivo no seu momento para a acceder ao contrato laboral fixo. Desta maneira, preséntanse tres grupos: aqueles aspirantes que acrediten ter superado as probas selectivas de acceso á praza de persoal laboral fixo, cos temas esixidos; aqueles aspirantes que nas probas selectivas tiveron un número de temas inferior ó esixido e, por último, aqueles aspirantes que nas probas selectivas de acceso á praza de persoal laboral fixo, non tiveran os temas axustados.

Luis Álvarez sinalou que “é a vontade do Goberno Local estabilizar estas prazas xa que o Goberno do Estado deu carta libre para poder prescindir deste tipo de contratos en todas as administracións algo co que non estamos de acordo” ademais de que “para o Concello non supón un incremento do gasto de persoal xa que o soldo é o mesmo que o dos funcionarios”.

Outro dos asuntos aprobados foi a modificación do contrato do servizo de mantemento, mellora e conservación das zonas verdes públicas e arboredo viario da cidade ao incorporar 251.391,35 m² . Estas novas zonas son o polígono N1 e N2 de Garabolos e as rotondas e zonas de enlace con viais de Fomento como son as da Avenida de Madrid, Avenida das Américas ou no enlace coa Autovía A-6. Estas novas incorporacións ao contrato de mantemento supoñen un incremento de 22.577 euros do contrato que a partires de 1 de xaneiro de 2013 pasará a ser de 248.810,40 euros anuais.

Tamén se aprobou a revisión de prezos do contrato administrativo asinado coa empresa adxudicataria do servizo permanente de vixilancia do parque da Milagrosa segundo o IPC interanual resultante do periodo marzo12-marzo13 polo que se aplica un porcentaxe do 2,04% quedando o prezo establecido en 14.137,13 euros ao mes ive incluido.

Na Xunta de Goberno Local tamén se aprobou fora da orde do día a apertura dunha información reservada a un funcionario muinicipal relacionado con distintas incidencias que se detectaron no funcionamento do mercado de Frigsa. Neste sentido, Luis Álvarez, sinalou que se debe diferenciar entre expediente disciplinario e información reservada xa que esta última é un procedemento administrativo que ten por obxecto profundizar na investigación dalgunha circunstancia que poida ser obxeto de irregularidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova