Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Praza de Santa María acollerá os concertos de Rosa Cedrón, Charo Reina e o grupo de rock Obus


# Xoves, 29/08/2013
A artista Rosa Cedrón tamén participará o domingo 6 de outubro nos actos de homenaxe polo 150 aniversario de Cantares Gallego de Rosalía de Castro

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou esta mañá tres dos grupos musicais que actuarán as noites da semana do San Froilán no escenario da Praza de Santa María.

Así, o Domingo das Mozas, o día 6 de outubro haberá unha verbena popular galega “Cantando a Galicia” na que participan Rosa Cedrón, Sito Sedes e Paco Lodeiro. Trátase unha revisión daqueles grandes acontecemento sociais como eran as verbenas da man de tres grandes da nosa cultura no que se revivirán temas de sempre e actuais.

Ademais, Rosa Cedrón, tamén interpretará varios poemas acompañada dunha guitarra durante a homenaxe que o día 6 de outubro se fará a Rosalía de Castro e no que tamén se conmemora o 150 aniversario da publicación do libro Cantares Gallegos.

O día 8 de outubre, Día dos Maiores,  tamén será o día adicado á copla da man dunha das mellores artistas deste xénero, Charo Reina. Esta artista interpretará temas versionados de grandes mulleres como Chavela Vargas ou Luz Casal e tamén tocará os temas máis clásicos da copla española.

Para o venres 11 de outubre, a praza de Santa María, vibrará coas cancións dun dos grupos míticos españois do heavy metal e rock, Obús. Un grupo a altura de Barón Rojo e que se mantivo permanente na esfera da música rock española e que volveu á esfera mediática grazas á intervención do vocalista, Fortu, en varios programas de televisión.

Carmen Basadre sinalou que “estes tres concertos son unha pequena mostra da variedade de actuacións que imos ter este San Froilán nos que hai música para todos os gustos e para todas as idades porque queremos que sexan unhas festas para todos e todas”.

Templo de Mitra

A responsable da área de Cultura tamén anunciou que o Templo de Mitra seguirá aberto durante todo o mes de setembro en horario de 11.00 a 14.00 horas de martes a sábado.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova