Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Terceira edición do mercadiño Street Market terá lugar este xoves nas rúas de Lugo, organizado polas Autónomas coa colaboración do Concello e a Deputación


# Luns, 02/09/2013
Participarán 72 comercios que ofrecerán os seus produtos con descontos de ata o 80%

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre; a Padroa da Fundación TIC e Deputada provincial, Regina Polín, a Presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Nora Real, e o Presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, presentaron esta mañá a terceira edición do Street Market que organizan as Autónomas, en colaboración, co Concello e a Deputación para impulsar a actividade comercial na cidade.

A feira, que se celebrará este xoves 5 de setembro, contará coa participación de 72 establecementos comerciais de todos os sectores que sacarán ás súas mercadorías á rúa.

Carmen Basadre salientou que o Concello volve apoiar esta iniciativa do coletivo para axudar ó pequeno comercio porque “merece a pena comprar en Lugo, onde o pequeno comercio fixo esforzos importantes para dar satisfacción as necesidades dos lucenses”. Por elo, a Concelleira animou ós veciños a achegarse este xoves a esta Terceira edición do Street Market, un mercadiño na rúa que xa está consolidado e que “ofrecerá verdadeiras gangas neste final do período de rebaixas con bos prezos para axudar a subir esta costa do outono”.

Regina Polín anunciou que o Street Market difundirase en diversos medios audiovisuais grazas a unha nova colaboración da TIC cos comerciantes y autónomos lucenses. Deste xeito, técnicos da Fundación coa participación de bolseiros realizarán un amplo DVD así como varios audiovisuais da cita que recollerán o ambiente nas rúas e nos negocios.

Regina Polín destacou a importancia de apoiar desde as institucións iniciativas coma esta que axudan “a impulsar un sector estratéxico na provincia, dos máis afectados pola situación económica actual, e que provocou xa o peche de 400 establecementos tan só na capital”.

Pola súa parte, Nora Real anunciou que o Street Market abrirá de 11.00 a 20.00 horas, con horario ininterrumpido, e destacou que participarán nel comercios de todos os sectores, tanto no Centro da cidade como noutros lugares como as rúas Armórica ou Montero Ríos.
Tamén destacou que esta iniciativa conta cada ano con máis participantes, xa que cando comezou foron 40 os comercios que se sumaron e nesta terceira edición son 72.
Produtos do 50% ó 80%

O Street Market ou mercado na rúa ofrecerá descontos do 50% ó 80% nun amplo catálogo de produtos desde téxtil, complementos, calzado ata lencería, xoias ou lentes en ópticas. A cita terá lugar ó longo do día no casco antigo e participarán medio cento de establecementos da cidade, que serán identificados por ter diante dos seus locais unha mesa de cor laranxa.

Esta iniciativa, que chega a súa terceira edición, celébrase nos meses de maio e setembro coincidindo co remate das tempadas de inverno e verán. O obxectivo é atraer ó centro da cidade a lucenses e visitantes para que coñezan de preto o que ofrece o comercio lucense e animar as vendas cara a campaña de rebaixas.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova