Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Clausurado o curso de tecnoloxías web organizado polo Plan Urban dentro do proxecto para o deseño dun Portal Empresarial para a Praza de Abastos e o Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros


# Luns, 02/09/2013
Dous participantes do curso serán contratados pola empresa que creará a páxina web para traballar no seu desenvolvemento

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde, José López Orozco; a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e a Deputada provincial de Economía, Pilar García Porto, clausuraron hoxe o curso de formación organizado polo Concello de Lugo para a formación en tecnoloxías web dentro do proxecto de deseño dun portal web para a Praza de Abastos e o Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros.


O Alcalde felicitou ós alumnos que participaron nesta actividade de formación no sector das novas tecnoloxías e destacou que o Concello aposta pola formación nun momento de tantas dificultades para o acceso ó mercado laboral.


López Orozco salientou a importancia que están a ter na cidade os investimentos feitos grazas ó Plan Urban que cumplen un triple obxectivo, dixo o Alcalde, “un obxectivo fundamental, como é a creación de emprego, que para nós é a maior preocupación, ademais de contribuir á realización de obras no Casco histórico e ó desenvolvemento económico do mesmo, coa creación de novos negocios e a modernización do pequeno comercio e da hostalería”. 


Tamén destacou o Alcalde que dous dos alumnos que fixeron este curso terán a oportunidade de traballar durante 3 meses, contratados pola empresa que impartiu esta actividade formativa e que será a encargada do deseño e elaboración da nova web da Praza e do Mercado. 


Neste curso, organizado a través do Plan Urban, que conta co 80% de cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, participaron 16 alumnos que hoxe recibiron os diplomas acreditativos.


Este programa formativo dirixiuse a persoas con especiais dificultades para o acceso ao mercado laboral e persoas que traballen ou teñan algunha relación familiar con titulares dos postos da Praza de Abastos e o Mercado de Quiroga Ballesteros que van realizar comercio electrónico. 


O curso tivo unha duración de 100 horas,  e impartiuse durante o mes de agosto en horario de 16 a 21 horas. Os alumnos estudaron contidos como formación específica para Técnicos de web, maquetación ou distribución comercial en vendas con tecnoloxías web.



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova