Imprimir

ROSANA RIELO TOMOU POSESIÓN COMO CONCELLEIRA DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE LUGO


3/9/2013 Sustitúe a Lino González Dopeso que renunciou á acta de Concelleiro no mes de xullo

Rosana Rielo Rozas tomou posesión hoxe como Concelleira da Corporación Municipal de Lugo, no Pleno ordinario que celebrou esta tarde o Concello.

Rosana Rielo, de 33 anos, naceu en  Lugo, milita no PsdeG-PSOE dende os 16 anos é está en posesión das licenciaturas en Administración de Empresas, en Políticas e en Socioloxía. Tamén é Diplomada en Ciencias Empresariais e enTraballo Social, cursou un Master en Xuventude e na actualidade está a rematar a Licenciatura en Antropoloxía.

Rosana Rielo Rozas incorpórase á Corporación Municipal, da que xa formou parte entre os anos 2003-2007 e 2008-2011, mandatos nos que dirixiu a Concellería de Xuventude, en sustitución de Lino González Dopeso, que renunciou á súa acta de Concelleiro no Pleno que celebrou a Corporación Municipal o pasado mes de xullo para retomar o exercizo da Medicina.