Imprimir

O ALCALDE RECIBE Ó NOVO SECRETARIO XERAL DE TRANSPORTES DE UGT-GALICIA


3/9/2013

O Alcalde, José López Orozco, recibiu hoxe ó novo Secretario Xeral da Federación de Transportes, Comunicación e Mar da UGT-Galicia, o lucense Lalo Romero.

Romero, que foi elixido para o cargo o pasado mes de xullo, comezou con esta entrevista co Alcalde de Lugo a rolda de visitas de presentación que ten previsto facer a distintas autoridades galegas.

Na xuntanza, celebrada esta mañá no despacho da Alcaldía, o Alcalde e o sindicalistra trataron sobre os problemas do transporte, tanto urbano como interurbano e ferroviario, e das comunicacións, mesmo as telefónicas.