Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O plan turístico Terras de Auga e Cultura fará unha ruta este domingo por Alto e o Burgo


# Mércores, 04/09/2013
O prazo para inscribirse estará aberto ata o sábado, ás 14.00 horas, na Oficina Municipal de Lugo

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua anuncia a celebración dunha nova ruta turística programada dentro do plan Terras de Auga e Cultura.

Terras de Auga e Cultura é un programa de promoción turística da zona rural de Lugo, O Corgo e Rábade.

Este domingo, día 8 de setembro, os participantes nestas visitas turísticas terán a oportunidade de coñecer distintos lugares das parroquias do Alto e o Burgo, no concello de Lugo, e farán un treito do Camiño Primitivo.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o sábado ó mediodía.

Esta nova visita guiada comezará cunha visita a Alto, onde os participantes coñecerán Seoane, Vilaestévez e Abelairas. Logo farán un treito do Camiño Primitivo ata o Burgo. Despois farase unha parada para xantar en As Searas. Trala comida, a ruta continuará polo Burgo e rematará coa visita da Igrexa e Capela de San Bartolomeu.

A saída é ás 10:30 horas da zona peonil da Ronda da Muralla (altura Porta de Bispo Aguirre) e volta sobre ás 18:30 horas. Recoméndase o uso de roupa e calzado cómodo para camiñar. Non son traxectos duros nin longos, polo que está recomendado para todos os públicos. Pódese levar comida e bebidas propias.

Son visitas gratuítas e para a deste domingo, os interesados poden inscribirse ata as 14:00 horas do sábado 7 de setembro a través do 010 (982 297 350 para chamadas de fóra de Lugo) ou na Oficina Municipal de Turismo (982 251 658).


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova