Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco e Quique Setién animan ós nenos de Lugo a xogar ó xadrez o mesmo día no que se abre o prazo de inscrición na Escola municipal


# Martes, 03/09/2013
O Alcalde, acompañado por un neno, e o entrenador do CD Lugo xogaron unha partida de exhibición con motivo da presentación da campaña Ti que fas? Eu xogo ao Xadrez

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o adestrador do CD Lugo, Quique Setién, xogaron hoxe no xadrez xigante da Praza Maior unha partida de exhibición para animar os nenos e mozos de Lugo a iniciarse na práctica do xogo do xadrez.

O Alcalde, acompañado por un neno que é alumno da Escola municipal de Xadrez, xogaron a partida, que acabou en tablas, con Quique Setién, que é un grande aficionado a este xogo como el mismo explicou.

A partida foi o colofón á presentación da campaña Ti que fas? Eu xogo ao Xadrez, na que participaron a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz; o representante da Asociación Cultural Xaquedrum Pablo Castro Girona e o propio Quique Setién.

Esther Muñoz explicou que as Concellerías de Educación e de Deportes colaboran na difusión do xogo do xadrez a través de distintas vías, como é esta campaña coa que se pretenden crear actividades alternativas para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral ó tempo que se poñen a disposición dos nenos e nenas de lugo actividades de ocio educativo.

A campaña Ti que fas? Eu xogo ao Xadrez vai levar o xadrez a distintos lugares da cidade como poden ser centros educativos, á Praza Maior, o Hospital, etc.

Escola municipal de xadrez

Hoxe mesmo abriuse o prazo de inscrición na Escola municipal de xadrez na que se ofrecen, desta volta, 175 prazas. Haberá grupos a partir de catro anos e tamén se mantén a aposta polas clases de adultos. Unha das novidades vai ser a creación dun grupo para nais que será os venres, de 19.00 a 20.30 horas.

Outras actividades

Na Praza Maior tamén se vai presentar este xoves o xogo do Xaquedrim, no que alumnos da Escola de Xadrez xogarán unha partida co novo material didáctivo creado polos mozos da entidade.

Durante todo o mes de setembro, de luns a venres, entre as 17.00 e as 20.00 horas, haberá partidas no xadrez da Praza Maior, onde tamén se instalará o baúl viaxeiro no que se poñen libros a disposición de todas as persoas que queiran ler.

Ademais, do 20 ó 22 de setembro terá lugar a cuarta edición do Torneo Cidade de Lugo, valido para o ránking internacional e que está dirixido a xogadores con experiencia nas competicións oficiais.

Este ano tamén se porá en marcha unha nova edición da campaña Xaque nas aulas, na que os monitores de Xaquedrum levan o xadrez ós colexios da cidade durante o horario lectivo. O ano pasado participaron nesta campaña máis de 1.300 escolares e o obxectivo agora é superar os 1.500 escolares.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova