Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O luns aprobaranse as bases para o proceso selectivo do obradoiro de emprego Vrbs Lvcvs


# Venres, 06/09/2013
Neste obradoiro de dixitalización do patrimonio en 3D traballarán 24 desempregados durante seis meses

O Servizo Público de Emprego da Consellería de Traballo farase cargo do proceso de preselección de candidatos

A Concellería de Economia, Emprendemento e Autónomos, que dirixe Sonia Méndez, Comunica que está previsto para finais de setembro o comezo do obradoiro de emprego “Vrbs Lvcvus”, que disporá de 24 prazas e desenvolverase durante seis meses nas instalacións do CEI-NODUS.

O Servizo Público de Emprego da Consellería de Traballo e Benestar Social será o encargado de facer o proceso de preselección dos candidatos entre as persoas inscritas como demandantes de emprego, xa que este obradoiro de emprego levarase a cabo con financiación autonómica.

As bases que regularán o proceso selectivo aprobaranse o vindeiro luns, día 9 de setembro, e a partir desa data estarán dispoñibles nos taboleiros de anuncios das Oficinas de Emprego, no Edificio Administrativo do Seminario, no ESPAZO>LAB e na páxina web do Concello de Lugo, www.lugo.es.

O obradoiro de emprego Vrbs Lvcvs terá como principal obxectivo a conservación e posta en valor dunha parte do rico patrimonio documental do Concello e que os alumnos adquiran a formación e destreza profesionais necesarias para acceser ao mercado laboral. Os 24 desempregados que participen deberán estar inscritos nas oficinas de emprego da Xunta e continuarán co traballo realizado nos obradoiros de dixitalización do proxecto Muralla Dixital.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova