Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello contrata os últimos traballos para o proxecto de remodelación do Mercado de Quiroga Ballesteros


# Venres, 06/09/2013
 Trátase do plan de residuos e o deseño gráfico do interior do Mercado

 O martes que vén presentarase un avance do proxecto de remodelación ós comerciantes destas instalacións municipais

A Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos, que dirixe Sonia Méndez, vén de contratar os últimos traballos correspondentes ó proxecto para a remodelación do Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros.

Concretamente, a Xunta de Compras acordou hoxe a contratación do plan de residuos e do deseño gráfico previsto neste proxecto de remodelación, que executará o Concello con cargo ó Plan Urban.

A elaboración destes dous traballos suporá un investimento total de 4.000 euros.

O Concello ten previsto investir 350.000 euros na realización das obras de mellora do Mercado Municipal, que se fará con cargo a fondos do Plan Urban, que cofinancia no 80% o FEDER da Unión Europea. 

Plan de residuos

Co fin de incorporar criterios ambientais ás actuacións de remodelación do Mercado, realizouse unha auditoría enerxética e agora preténdese realizar un plan de residuos co que se cuantificarán as necesidades en relación co lixo para ordenar a súa recollida de xeito que faga posible o correcto tratamento dos residuos.

Neste estudo, a adxudicataria ten que prever os espazos que sexa necesario reserv ar dentro do proxecto de remodelación. O plan de residuos basearase en enquisas individuais a todos os comerciantes, tanto ós 23 dos locais interiores como ós 8 comerciantes do exterior, e á empresa que presta o servizo municipal de xestión dos residuos.

O plan foille encargado á empresa M3 Auga, S.L, cun presuposto de 1.692 euros e un prazo de redacción de 15 días.



Deseño gráfico

No plego para a redacción do proxecto tamén se sinalaba que, se a proposta de elementos decorativos do interior do Mercado municipal contén algún traballo de deseño gráfico, sería obxecto dun contrato específico.

O anteproxecto contempla a instalación dunhas lonas nos frentes de cada un dos postos do mercado, que se desplegarán ata o chan como un estor cando estean pechados. Desde xeito axudarase a crear un ambiente agradable nos momentos nos que se desenvolva algún tipo de evento no espazo central do Mercado.

Este traballo foille encargado á empresa Temos Solucións S.L.U, que ofreceu un presuposto de 1.652,89 euros incluíndo tamén o deseño de elementos de merchandising.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova