Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Este domingo celébrase o I Trial Cidade de Lugo correspondente á Copa Galega Trial Infantil


# Venres, 06/09/2013
 Disputarase nunha zona habilitada polo Concello en San Cibrao 

 A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, informa da celebración o vindeiro domingo, día 8, da proba I Trial Cidade de Lugo correspondente á Copa Galega de Trial Infantil. 

A proba disputarase nunha zona cedida polo Concello que está situada en San Cibrao.

Segundo informa a Federación Galega de Motociclismo, entre os participantes estarán, na categoría Xuvenil, o lucense Yago Armesto, o coruñés Alen Damil, 2º clasificado neste momento no campionato e o actual líder Marín Riobo, que tamén é o 3º clasificado da Copa de España de Trial Xuvenil.

Entre os máis pequenos, os alevíns, hai pilotos de entre 6 e 10 anos. 

Programa

10:00-10:45 h.
Inscripción e Verificación

11:00 h.
Saída do primeiro participante da categoría de Alevíns (6-10 anos)

12:00 h. 
Saída primeiro participante categoría Xuvenís

14:00 h.
Exhibición a cargo de Victor Ares




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova