Imprimir

ESTE DOMINGO CELÉBRASE O I TRIAL CIDADE DE LUGO CORRESPONDENTE Á COPA GALEGA TRIAL INFANTIL


6/9/2013  Disputarase nunha zona habilitada polo Concello en San Cibrao 

 A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, informa da celebración o vindeiro domingo, día 8, da proba I Trial Cidade de Lugo correspondente á Copa Galega de Trial Infantil. 


A proba disputarase nunha zona cedida polo Concello que está situada en San Cibrao.

Segundo informa a Federación Galega de Motociclismo, entre os participantes estarán, na categoría Xuvenil, o lucense Yago Armesto, o coruñés Alen Damil, 2º clasificado neste momento no campionato e o actual líder Marín Riobo, que tamén é o 3º clasificado da Copa de España de Trial Xuvenil.

Entre os máis pequenos, os alevíns, hai pilotos de entre 6 e 10 anos. 

Programa

10:00-10:45 h.
Inscripción e Verificación

11:00 h.
Saída do primeiro participante da categoría de Alevíns (6-10 anos)

12:00 h. 
Saída primeiro participante categoría Xuvenís

14:00 h.
Exhibición a cargo de Victor Ares