Imprimir

O DÍA 17 COMEZAN NOVOS CURSOS DE INFORMÁTICA NO TELECENTRO DO CASTIÑEIRO


9/9/2013

O Telecentro do Castiñeiro ten programados para este mes de setembro novos cursos de informática, que darán comezo o vindeiro día 17, segundo informa a Concellería de Servizos Xerais e Participación Cidadá.

Os cursos previstos son de informática, informática avanzada, internet, internet avanzado, fotografía e DNI-e e administración electrónica. Ademais, tamén están as aulas abertas de acceso libre para os cidadáns.

Para máis información e para facer as incricións hai que chamar ó teléfono de atención cidadá do Concello 010.