Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Seis desempregados terán ocupación na conservación de xardíns grazas o Programa municipal de Servizos Locais e Fomento do Emprego


# Luns, 09/09/2013
Hoxe publicáronse as bases para a selección de docentes e participantes no obradoiro de emprego Vrbs Lvcvs

O Concello de Lugo facilitará que teñan traballo seis desempregados a través do Programa de Servizos Locais e Fomento do Emprego que se porá en marcha para a conservación de xardíns con fondos municipais.

A Mesa de Contratación do Concello acordou hoxe a contratación do servizo de mantemento de espazos verdes públicos dentro do Segundo Programa de Servizos Locais e Fomento do Emprego.

A adxudicación foi para a empresa Calfensa que, ademais de contratar os catro traballadores previstos durante un período de seis meses, ofreceu como mellora unha contratación máis a xornada completa durante tres meses e outro contrato a media xornada durante seis meses, co que serán seis os traballadores desempregados que terán unha ocupación na conservación e mantemento dos xardíns públicos.

O importe do contrato será de 63.050 euros.

A segunda edición deste Programa municipal para o Fomento do Emprego dispón dun orzamento de 325.000 euros e permitirá a contratación de máis de 20 persoas desempregadas durante un mínimo de seis meses. Durante este tempo desenvolveranse cinco proxectos nos que se realizarán traballos de interese xeral na zona rural, nos diferentes barrios, nos colexios públicos e nas instalacións deportivas.

Este ano o Concello aumentou un 8% o presuposto adicado a este programa municipal de emprego, que se desenvolve en sustitución do Plan Piles xa que a administración local ten prohibido polo Goberno central a contratación de persoal propio.

O Concello de Lugo leva 13 anos desenvolvendo programas de emprego cos seus propios recursos económicos.

Obradoiro de emprego Vrbs Lvcvs

Tamén se aprobaron hoxe as bases para o proceso selectivo do obradoiro de emprego Vrbs Lvcvs, que está dotado con 24 prazas e vaise desenvolver durante seis meses nas instalacións do CEI-NODUS. Ademais da convocatoria das prazas de alumnos/traballadores do obradoiro de emprego tamén se convocan unha praza de director, tres prazas de monitor (unha para obradoiro de dixitalización documental, outra para obradoiro de xestión documental e a terceira para obradoiro de dixitalización 3D) e unha de auxiliar administrativo a media xornada.

O proceso de preselección dos candidatos entre as persoas inscritas como demandantes de emprego correrá a cargo do Servizo Público de Emprego da Consellería de Traballo e Benestar Social.

As bases pódense consultar tanto no taboleiro municipal como na páxina web do Concello www.lugo.es.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova