Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello colabora na organización das XXVII Xornadas Penitenciarias Lucenses que organiza a Asociación Concepción Arenal


# Luns, 09/09/2013
Tratarán sobre “Corrupción, delincuencia económica e respostas social e legal” e celebraránse os días 17 e 18 de setembro

Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco; a Presidenta da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, Marina Cillero, e Víctor Fraga Gayoso, Coordinador das XXVII Xornadas Penitenciarias Lucenses presentaron hoxe o programa deste encontro no que colabora o Concello de Lugo.

Nesta edición as Xornadas tratarán sobre “Corrupción, delincuencia económica e respostas social e legal” e terán lugar no Salón de actos da Deputación Provincial, os días 17 e 18 de setembro.

O Alcalde agradeceu o labor que desenvolve a Asociación Concepción Arenal e destacou que leva xa case tres décadas organizando unhas xornadas “moi interesantes e formativas sobre temas de rabiosa actualidade, que está moi ben que se debatan nunha sociedade democrática que busca cauces para solucionar os problemas, polo que serán do máximo interese para todos, non só para as persoas relacionadas co mundo do Dereito”.

Pola súa parte, Marina Cillero salientou que temas como os destas Xornadas “non só son de interese para un pequeno sector da poboación, senón para toda a sociedade, todos temos falado destes temas e ás veces facémolo á lixeira porque todos podemos cometer un error, por exemplo unha infracción de tráfico, como podemos ser vítimas dun delicto”.

Programa

As Xornadas serán inauguradas o martes, día 17, ás 18.00 horas polo Presidente da Deputación provincial, José Ramón Gómez Besteiro. A continuación terá lugar a entrega das medallas Concepción Arenal. O programa continuará, ás 18.30, cunha mesa redonda titulada “Percepción e denuncia social da corrupción”, que moderará Luis Celeiro Álvarez, Director de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e na que intervirán como ponentes Xulio Álvarez Fariñas, xornalista de La Voz de Galicia; Miguel Olarte, xornalista de El Progreso, e José Eladio Pariente Ojea, Inspector do Corpo Nacional de Policía e Xefe do Grupo de Blanqueo de Capitais da Unidade de Drogas e Crime Organizado (UDYCO). As intervencións irán seguidas dun coloquio.

O mércores, día 18, ás 18.00 horas haberá unha conferencia baixo o título “A resposta específica do ordenamento penitenciario frente ó crime organizado”. O poñente será José Luis López Novo, Xefe do Servizo de Intervención e Control de Centros da Administración Penitenciaria. O moderador será Óscar Rancaño Vila, que é funcionario do Servizo de Xestión de Penas e Medidas Alternativas da Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias de Lugo.
Logo da conferencia haberá un coloquio e posteriormente clausurará as Xornadas o Vicepresidente da Deputación Antonio Veiga.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova