Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

The Zombie Kids, Xuso Jones, a Banda das Crechas e Brath actuarán no San Froilán


# Luns, 09/09/2013
Carmen Basadre anunciou que as casetas do polvo estarán abertas desde o 28 de setembro ata o 3 de novembro

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura tamén deu a coñecer a lista de Orquestras que actuarán no San Froilán 2013


 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, deu a coñecer hoxe, logo da xuntanza que celebrou esta mañá a Comisión de Festas, máis novidades do programa de festas do San Froilán 2013, que xa está prácticamente pechado.

“O programa consta de distintos tipos de música, intentamos facelo para todos os gustos e todas as idades, pretendemos satisfacer á maioría dos veciños e intentamos chegar con actividades a todos os barrios da cidade”, destacou Carmen Basadre e tamén anunciou que as casetas do polvo estarán abertas dende o 28 de setembro ata o día 3 de novembro. 

A Concelleira de Cultura anunciou que o día 7 de outubro celebraráse, na Praza de Santa María, un concerto de música folk no que actuarán os grupos lucenses Milesios e Brath. 

O día 9, no mesmo escenario, haberá unha noite de foliada, que estará a cargo da Banda da Casa das Crechas e convidados. 

Para o día 10 de outubro está prevista a actuación do grupo The Zombie Kids e de Xuso Jones, que está considerado o Justin Bieber español, na Praza de Santa María.


Verbenas

Carmen Basadre tamén deu a coñecer o programa de verbenas, que haberá todos os días, agás o xoves día 10. A Concelleira explicou que actuarán tres orquestras de Lugo e salientou que todas as verbenas comezarán antes para rematar ás 2.30 da madrugada nos festivos e vísperas de festivos para respectar o descanso dos veciños e veciñas.

A primeira será o día 4, amenizada pola orquestra Anaconda, na Praza Maior, ás 23.00 horas.

O día 5, tamén na Praza Maior, a partir das 21.00 horas, actuarán as orquestras Cuarta Calle e Grupo Cañón.

O día 6 Cantando a Galicia, ás 21.30 na Praza de Santa María.

Para o día 7 está programada unha verbena a cargo de Emperadores, que terá lugar en Fontiñas, ás 20.30 horas.

O día 8, Día dos Maiores, actuará a orquestra Acordes na Praza Maior, ás 17.30.

O mércoeres, día 9, na Praza nova da Milagrosa, actuará Breixa Band, ás 20.15 horas.

Para o día 11 están previstas dúas verbenas, unha a cargo da orquestra Abanico, ás 20.00 horas na Praza Maior, e outra en Augas Férreas, a partir das 23.00 horas, amenizada por Olympus, que actuará coa colaboración da Asociación de Empresarios de Augas Férreas.

E o día 12 recupérase a sesión vermú, que comezará ás 13.15 horas, a cargo de Costa Dorada, que tamén actuará a partir das 21.00 horas, xunto coa orquestra Israel. Nesa data as dúas orquestras actuarán na Praza Maior.


Sanfroidance

A Concelleira de Cultura tamén anunciou que este ano  o Sanfroidance, que chega a súa Oitava edición, cambiará de emprazamento, xa que se vai celebrar no Cantiño de Nemesio Cobreros.

Na Praza da Soidade unha carpa, por se chove e fora necesario celebrar a cuberto dodas as actividades de rúa. Neste sentido anunciou Basadre que haberá actividades de rúa en todos os barrios da cidade, dende As Gándaras á Ponte, pasando por Recatelo, a Piringalla, Albeiros, etc.


Producción técnica e de son

A Concelleira de Cultura tamén destacou que a contratación da producción técnica e de son dos concertos de San Froilán farase coa máxima transparencia e sinalou que xa está aberto o prazo para a presentación de ofertas. 

O plego foi publicado no Boletín Oficial da Provincia do sábado, día 7, e hai un prazo de quince días para que as empresas presenten ofertas ós tres lotes que se convocaron por un importe total de 192.385 euros.

O Lote 1 correspóndese á producción do escenario que se instalará na Horta Seminario, o Lote 2 é para a producción do escenario da Praza de Santa María e o Lote 3, para a producción das actividades infantiles, animación na rúa e actos como a Ofrenda a Rosalía.

Haberá tamén o desfile de gando, presentaráse no Círculo a Revista Oral da Asociación de Escritores de Língua Galega e do 3 ó 7 de outubro haberá a Feira Expoturismo.

O San Froilán miudo, do 5 ó 12 de outubro, volverá ser nos Xardíns da Deputación e incluirá tamén actuacións para bebés.


Convenios de colaboración

Basadre tamén comunicou que, de momento, o Concello contará con convenios de colaboración para a organización das festas con Begano, Novacaixagalicia, Odegal, Aceites Abril, E.On, Estrella de Galicia,  e conta con aportacións de varios establecementos hostaleiros.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova