Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A XXXV Semana internacional de Cine de Autor celebrarase en Lugo do 16 ó 21 de setembro


# Martes, 10/09/2013
O Concello colabora co Grupo Fonmiñá na organización deste evento

A Concelleira de Cultura,Turismo, Xuventude e Promoción da Língua. Carmen Basadre, participou hoxe na presentación da XXXV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que tivo lugar na Deputación provincial.

Carmen Basadre felicitou ó grupo Fonmiñá ó que agradeceu en nome de todos os lucenses a organización desta 35 Semana de Cine de Autor “que pón a Lugo no mapa cinematográfico e ten repercusión máis alá das nosas fronteiras galegas”.

A Concelleira de Cultura destacou que este evento ofrécenos a “oportunidade de poder disfrutar de cine de calidade, películas que saen do circuito comercial”.

Tamén reivindicou a importancia do cine e da cultura que son, dixo Carmen  Basadre, “unha necesidade humana que nos axuda ó noso desenvolvemento e a comprender o mundo, a ser máis tolerantes e dialogantes”.

A Concelleira de Cultura destacou que “a cultura en xeral e o cine en particular non son nin poden ser un obxecto de luxo, aínda que, nestes momentos, a suba do IVE fai que cada vez sexan máis as persoas que non teñen acceso a gozar do cine ou do teatro e levou ó peche de moitos cines, tamén en Lugo”.

A XXXV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, organizada polo Grupo fotocinematográfico Fonmiñá, desenvolverase do 16 ó 21 de setembro e as distintas actividades programadas terán lugar en distintos escenarios como son o Aditorio Gustavo Freire, o salón de actos da Deputación, o Museo provincial, a sala de NovacaixaGalicia, a Biblioteca provincial, o Vicerreitorado da Universidade e a Galería Sargadelos.

O amplo programa inclúe os seguintes ciclos: infantil, o mellor do ano, curtas-sección oficial, sección oficial, e para comer…Lugo, rodado en Lugo, sección especial e as curtas tamén son cine.

A inauguración oficial da Semana de Cine terá lugar o luns, día 16, ás 22.45 horas, no Auditorio Gustavo Freire, onde se fara a entrega do premio a Mar Balcelles Font, gañadora do concurso de carteis anunciador da Semana e se proxectará a curtametraxe “El vendedor de humo” e a película a concurso dos lucenses María e Marcos Hervera “Avión, el pueblo ausente”, que asistirán á estrea en Lugo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova