Imprimir

ESTE DOMINGO, O PLAN TURÍSTICO TERRAS DE AUGA E CULTURA ORGANIZA UNHA RUTA POR O CORGO, GOMEÁN E FRANQUEÁN


11/9/2013 As inscricións pódense facer ata o sábado a mediodía na Oficina Municipal de Lugo

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua anuncia a celebración dunha nova ruta turística programada dentro do plan Terras de Auga e Cultura.

Terras de Auga e Cultura é un programa de promoción turística da zona rural de Lugo, O Corgo e Rábade.

Este domingo, día 15 de setembro, os participantes nestas visitas turísticas terán a oportunidade de coñecer distintos lugares do concello do Corgo. Concretamente farán a ruta O Corgo-Gomeán-Franqueán.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o sábado ó mediodía.

Esta nova visita guiada comezará cunha visita ó Corgo, onde coñecerán o Pazo da Casa Consistorial, a Igrexa e a súa contorna. Logo irán a Gomeán, onde se visitará o Campo da Feira e a escola, a igrexa e dous muiños. Tamén se fará en Gomeán unha parada para xantar no Bar Playa. De seguido, os excursionistas irán a Castrillón, para visitar o Campo de San Bernabé e capela; a Franqueán, onde se visitará a igrexa e o teleclub. E a ruta rematará en Folgosa.

A saída é ás 10:30 horas da zona peonil da Ronda da Muralla (altura Porta de Bispo Aguirre) e volta sobre ás 18:30 horas. Recoméndase o uso de roupa e calzado cómodo para camiñar. Non son traxectos duros nin longos, polo que está recomendado para todos os públicos. Pódese levar comida e bebidas propias.

Son visitas gratuítas e para a deste domingo, os interesados poden inscribirse ata as 14:00 horas do sábado 7 de setembro a través do 010 (982 297 350 para chamadas de fóra de Lugo) ou na Oficina Municipal de Turismo (982 251 658).