Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha instalación videográfica da artista Doa Ocampo poderase ver desde mañá dentro dos Proxectos MIHL


# Mércores, 11/09/2013


A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, dirixida por Carmen Basadre, ten previsto inaugurar mañá, xoves, día 12 de setembro, unha nova actividade dentro dos Proxectos MIHL.

Trátase dunha instalación videográfica da artista Doa Ocampo, titulada “Olhar aos olhos, autoconversa”, que se vai proxectar no xardín interior do MIHL.

Esta instalación videográfica será inaugurada ás 20.00 horas e poderase visitar ata o día 10 de novembro.

Doa Ocampo fala así a súa obra “á fin e ao cabo, a obra artística en si é respirar, obra na que traballaremos ao longo de toda a nosa vida; un exercicio constante (e insconsciente, moitas veces) de sincronización co medio e de reorganización de qués e porqués, onde o como depende da nosa capacidade de recibir, traducir e utilizar a luz, e onde os puntos se transforman sempre en suspensivos”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova