Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello colabora na programación da Federación Galega de Teatro Afeccionado que traerá a Lugo catro espectáculos


# Mércores, 11/09/2013
Os organizadores destacan o apoio que dan á cultura o Concello e a Deputación e dín que deberan tomar exemplo outras institucións

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A oferta de Fegatea Móvete, que este ano rinde homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, inclúe comedia, musical, teatro danza e un drama que se poderán ver os día 14, 15, 28 e 29 de setembro no Auditorio Gustavo Freire

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre; o Deputado provincial de Cultura e Deportes, Mario Outeiro, e os representantes de Hipócrita Teatro, Carlos Rebolo, e do grupo Achádego, Tareixa Campo, presentaron hoxe Fegatea Móvete, o ciclo de teatro afeccionado que se vai celebrar neste mes de setembro en Lugo.

Carmen Basadre explicou que o Concello colabora, un ano máis, na organización desta programación cultural pola importancia que ten o teatro para o desenvolvemento das persoas e, tamén, polo mérito que ten o teatro feito por afeccionados.

 A Concelleira tamén explicou que, nesta edición, a Federación Galega de Teatro Afeccionado rendirá unha homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, ó que estivo adicado este ano o Día das Letras Galegas, “como recoñecemento ó que significou para o teatro galego”.

O Deputado provincial de Cultura salientou que Vidal Bolaño foi “unha das figuras máis importantes do panorama cultural galego, sobre todo no terreo da dramaturxia”.

Carlos Rebolo e Tareixa Campo eloxiaron tanto ó Concello de Lugo como á Deputación provincial polo apoio que dán á cultura en xeral e a esta mostra de teatro afeccionado en concreto.

“Ogallá todos os organismos fixeran o mesmo que o Concello de Lugo e a Deputación”, manifestou o representante de Hipócrita Teatro.

Pola súa parte, a voceira do grupo Achádego destacou que “a pesares da crise, todos os grupos de teatro afeccionado de Galicia  téñenos unha tremenda envexa ós de Lugo porque non teñen o apoio que estamos a recibir nós”.

Os espectáculos terán lugar os días 14, 15, 28 e 29 de setembro, no Auditorio Gustavo Freire, ás 20.00 horas.

A programación comezará o día 14 coa comedia “Café”, a cargo do grupo de Narón O Aturuxo de Melpómene.

O domingo 15 tocaralle o turno a compañía Axoúxere, de Oleiros, que ofrecerá o musical “Asasinato no parque de atraccións”.

Para o sábado día 28 está prevista unha función de teatro-danza, quizáis a máis vangardista do cartel. A compañía Inquedanza, de Ponferrada aínda que algúns dos seus membros son de Lugo, escenificará “Ave Mundi Luminar”, que segundo os organizadores “é unha sinfonía onde se conxuga a luz, o movemento, a música, a palabra e o vídeo”.

A programación vai rematar co drama “Consuelo”, a cargo do grupo vigués O Trasno Novo Teatro, que, segundo os organizadores vannos contar “a historia dunha persoa que non quería ser o que finalmente foi e farano cunha posta en escea esencialmente textual pero con algunha sorpresa”.

O custe das entradas será de tres euros.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova