Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As obras de rehabilitación da Ponte romana acabarán esta semana


# Mércores, 11/09/2013
 O Concello aprobou hoxe novas penalizaciones á empresa pola tardanza na finalización dos traballos

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
 O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, anunciou hoxe que este venres, día 13 de setembro, é a data prevista para a finalización das obras de rehabilitación da Ponte romana.

Álvarez fixo este anuncio na rolda de prensa na que deu conta dos acordos adoptados este mércores pola Xunta de Goberno Local que aprobou a imposición de novas penalizacións á empresa adxudicataria da obra pola súa tardanza na finalización dos traballos.

O Voceiro do Goberno local explicou que a Xunta de Goberno tomou hoxe dous acordos sobre este asunto. No primeiro deles, o Goberno local desestimou o recurso de reposición que interpuxera a empresa contra o acordo tomado o día 12 de xuño polo que se lle impuxeron penalidades por incumprir o prazo de execución da obra no período de tempo comprendido entre o 28 de febreiro e o 30 de abril. O segundo dos acordos foi a incoación dun novo expedente de imposición de penalidade dende o 1 de maio ata o 13 de setembro. O importe da penalidade é de 137,61 euros por cada día de retraso na finalización da obra.


Outros acordos

A Xunta de Goberno Local tamén acordou contratar a renovación dos sistemas de Rexistro de Entrada e Saída e de Xestión de Poboación. Segundo explicou Luis Álvarez, trátase de renovar o sistema actual do rexistro de documentos a unha nova plataforma web coas funcionalidades actualizadas ás novas tecnoloxías e tamén de modernizar a aplicación de xestión de poboación.

O obxectivo é a actualización destas aplicacións, o que suporá unha mellora e axilización na xestión e un paso máis na administración electrónica.

O importe máximo do contrato é de 50.405 euros, IVE incluído, e o prazo máximo para a realización destes traballos é de 3 meses. 

O Voceiro do Goberno local tamén informou de que se aprobou, fóra da orde do día o réxime de sustitución dos concelleiros no caso de ausencia dalgún deles.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova