Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta Local de Seguridade estuda o dispositivo de seguridade das festas do San Froilán 2013


# Xoves, 12/09/2013
A reunión estivo presidida polo Alcalde, José López Orozco, e o Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, presidiron unha xuntanza que celebrou hoxe a Xunta Local de Seguridade para tratar do operativo que velará pola seguridade durante as festas do San Froilán.

Na reunión, celebrada esta mañá na Casa do Concello, tamén participou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, xunto con mandos das Policías Local, Nacional e Autonómica así como de Protección Civil.

O obxectivo do encontro, que terá continuidade con reunións técnicas nos próximos días, foi comezar os preparativos do dispositivo de seguridade que se porá en marcha con motivo das festas de San Froilán.

Tanto a Concelleira de Cultura como o Subdelegado do Goberno explicaron, trala xuntanza, que as forzas de seguridade traballan coordinadamente, como todos os anos, para garantir que as festas discurren sen problemas. De feito, nos próximos días reuniranse as mesas técnicas para concretar cómo se distribúen as distintas funcións que levará a cabo cada un dos corpos de seguridade durante os días de festa.

Tamén se falou na xuntanza das medidas que se poñerán en marcha para que os manteiros causen o menor impacto posible, tendo en conta que, como dixo o Subdelegado do Goberno, “este non é un fenómeno exclusivo de Lugo, polo que ninguén pode pensar que non vaia haber ningún manteiro; trátase de que non haxa efecto chamada e de que todo discurra, como sempre, coa maior normalidade no tema de seguridade no San Froilán”.

Pola súa parte, a Concelleira de Cultura indicou que nas reunións que teñen previsto manter nos próximos días as mesas técnicas traballarase, entre outras cuestións, sobre o seu posible emprazamento, para evitar que se instalen no centro.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova