Imprimir

O CEI REFORZARÁ O SEU SERVIZO A EMPRENDEDORES A PARTIR DO LUNS CON UN TÉCNICO EN COOPERATIVISMO QUE SUBVENCIONA A XUNTA


13/9/2013 O ano pasado o Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo axudou a crear oito cooperativas

O CEI reforzará o seu servizo a emprendedores a partir do luns con un técnico en cooperativismo que subvenciona a Xunta

O ano pasado o Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo axudou a crear oito cooperativas


A Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos, que dirixe Sonia Méndez, comunica que o servizo a emprendementos do CEI-Nodus será reforzado, a partir da próxima semana, cun técnico en cooperativismo subvencionado pola Xunta.

Este novo técnico experto en cooperativismo prestará o seu servizo no Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo durante un mes e medio, dende o vindeiro luns, día 16 de setembro, ata o 30 de outubro.

O CEI-Nodus adica un esfozo especial a estimular a creación de cooperativas polas ventaxas deste modelo fronte a outras formas societarias e porque favorece a unión de traballadores para sacar adiante un proxecto empresarial.

Unha das principais liñas de traballo do CEI está orientada á creación de cooperativas na zona rural de Lugo.

O ano pasado o Centro de Empresas e Innovación municipal axudou a crear oito cooperativas e están en proceso de constitución dúas.