Imprimir

LUIS ÁLVAREZ RECIBE A UN LÍDER ESPIRITUAL DA COMUNIDADE SENEGALESA, SERIGNE MAME MOR MBACKE, QUE CELEBRA EN LUGO UNHA XORNADA DE CONVIVENCIA COS SEGUIDORES DA RELIXIÓN DO MURIDISMO


13/9/2013 O Alcalde accidental e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, recibiu hoxe a un xefe espiritural da comunidade senegalesa.

Luis Álvarez recibe a un líder espiritual da comunidade senegalesa, Serigne Mame Mor Mbacke, que celebra en Lugo unha xornada de convivencia cos seguidores da relixión do muridismo



O Alcalde accidental e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, recibiu hoxe a un xefe espiritural da comunidade senegalesa.

Álvarez, que estivo acompañado pola Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, recibiu este mediodía no Despacho da Alcaldía ó líder da doutrina do muridismo Serigne Mame Mor Mbacke, que estivo acompañado por varios representantes da comunidade senagalesa.

Luis Álvarez deulle a benvida a Lugo e logo de departir durante uns minutos obsequiouno cun libro sobre a Muralla.

A visita coincidiu coa celebración hoxe, en Lugo, dun acto colectivo que protagonizou este xefe espiritual con senegaleses residentes en toda Galicia.