Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza o 9º Concurso de Tapas de Lugo coa participación de 44 establecementos


# Venres, 13/09/2013
Lucenses e visitantes teremos a oportunidade de disfrutar das mellores tapas nun concurso que organizan o Concello e a Asociación de Hostalería

Comeza o 9º Concurso de Tapas de Lugo coa participación de 44 establecementos

Lucenses e visitantes teremos a oportunidade de disfrutar das mellores tapas nun concurso que organizan o Concello e a Asociación de Hostalería

O público elexirá por votación popular a mellor tapa de Lugo

O Certame prolongarase ata o día 30 de setembro


A Concelleira de Educación, Formación laboral e Orientación Laboral, Esther Muñoz, e o Presidente da Asociación Provincial de Hostalería, Cheché Real, deron hoxe simbólicamente o pistoletazo de saída da 9ª edición do Concurso de Tapas de Lugo,
un certame que conta coa participación de 44 establecementos hostaleiros da cidade que compiten por obter o galardón de ofrecer as mellores tapas de Lugo.

O certame, que se vai celebrar ata o día 30 de setembro, está orgaanizado, un ano máis, polo Concello e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería co obxectivo de contribuir á difusión turística da nosa cidade aproveitando o importante recurso que supón a gastronomía.

Nesta 9ª edición participarán dous establecementos máis que o ano pasado e haberá varias novidades destacadas como é a oferta de tapas, por tres dos establecementos, que son aptas para persoas celíacas. Ademais, este ano estableceuse como reclamo a maiores a posibilidade de pagar en pesetas.

Como en edicións anteriores, a tapa gañadora será elixida, mediante votación, polos clientes dos establecementos, e o público tamén será quen escolla os premios das categorías Marqués de Cernadas e tapa ecolóxica, ademais de seleccionar as dez tapas finalistas entre as que un Xurado profesional elexirá os gañadores nas modalidades de tapa creativa, tapa tradicional, maridaxe co viño da Ribeira Sacra e maridaxe coa cervexa Estrella de Galicia.

Os cupóns para participar nas votacións distribuiranse nos locais participantes e para poder emitir votos válidos será necesario visitar un mínimo de tres locais.

Todas as persoas que participen nas votacións entrarán nun sorteo no que se repartirán distintos premios. O galardón máis importante será unha viaxe dunha semana para dúas persoas, ó que só poderán acceder as persoas que teñan selados os 44 cupóns. Tamén haberá outros premios como unha viaxe de fin de semana para dúas persoas a unha cidade europea, rutas en catamarán, catas en bodegas da Ribeira Sacra, circuítos termais, noites en hoteis, ceas en restaurantes e outros premios máis.

Establecementos participantes

A relación de establecementos participantes nesta edición do Concurso de tapas é a seguinte: A Cantola, A Nosa Terra, A Rotonda, A Taberna do España, A Tu Salud, Abrente, Almacén de la Hamburguesa, Antas, Arrocería Os Cachivaches, Ave César, Campos, Canela Bakery Coffee, Casa D´Auga, Cervezoteca A Tinería, Curmáns, Darío, El Riba, España, La Barra, La Encina, Las Cinco Vigas, Manuel Manuel, Medievo, Mesón Colón, Mesón de Alberto, Minuetto, O Cantiño, O Ciencuenta e Seis, O Lar de Adrián, O Mercado Rotos e Cañas, Paprica, Parrillada Antonio, Parrillada Fonsagrada, Parrillada Fonsagrada-As Gándaras, Pasarela, Pazo de Orbán-Taberna 1769, Porta Santiago, Pulpería O Castelo, Royal Boundary, Savoy, Taberna Daniel, Tosar, Verruga e Xoldra.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova