Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo súmase á Semana Europea da Mobilidade que trata de diminuir a circulación de vehículos particulares polas cidades


# Venres, 13/09/2013
Dende o 16 ó 22 haberá actividades todos os días e para todos os colectivos: formación e entrenemento para nenos e maiores, o sábado será o Día sen coches e o domingo, o Día da bicicleta

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concello de Lugo súmase á Semana Europea da Mobilidade que trata de diminuir a circulación de vehículos particulares polas cidades

Dende o 16 ó 22 haberá actividades todos os días e para todos os colectivos: formación e entrenemento para nenos e maiores, o sábado será o Día sen coches e o domingo, o Día da bicicleta

O Concello segue a dar pasos para reforzar a seguridade dos peóns e creará dúas novas zonas 30 na Cheda e en Galegos, que se sumarán ás xa existentes en Augas Férreas e no Barrio Feijóo

 
Os Concelleiros de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñez, e de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentaron hoxe os actos da Semana Europea da Mobilidade, que este ano se celebra baixo o lema “Móvete por un aire máis limpo”. No acto tamén participou o Voceiro da Concellería de Protección da Comunidade, Jorge Sanmiguel.

Esther Muñoz explicou que o Concello súmase, un ano máis, á Semana Europea da Mobilidade coa organización de numerosas actividades que teñen o obxectivo de favorecer o uso do transporte público e doutros medios de locomoción, como a bicicleta, e racionalizar o uso dos vehículos particulares.

Trátase de facer máis humanas as cidades, evitar ruídos e diminuir a contaminación e o abuso no consumo enerxético. Tamén se pretende concienciar ós veciños da necesidade de facer un uso racional do coche para favorecer a seguridade dos peóns e apoiar así que as rúas e prazas sexan un lugar de convivencia

Na organización dos actos colaboran distintos departamentos municipais: a Concellería de Protección da Comunidade; a de Educación, Formación e Orientación Laboral; a de Benestar Social e Igualdade, a de Deportes e a de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua.

Durante toda a semana haberá diferentes actividades, como o programa Pqaxentes, que se desenvolverá en catro centros escolares da cidade; circuitos de bicicletas e patíns, charlas nos centros cívicos, entre outras.

O Concello tamén trata de favorecer a mobilidade e a seguridade dos peóns co novo plan de zonas 30 que suporá a limitación da velocidade para a circulación de vehículos polos barrios da Cheda e Galegos, que se sumarán así a Augas Férreas e o Barrio Feijóo, nos que xa se implantou esta medida hai uns meses.

Ademais, o Alcalde ditou un bando no que anima ós veciños a absterse de usar os vehículos particulares o sábado, día 21, cando se celebra o Día sen coches, entre as 10.00 e as 22.00.

Esta invitación compleméntase cunha serie de medidas como a posibilidade de facer uso gratuítamente do transporte público urbano colectivo durante esa xornada. Ademais, delimítase como zona de restricción ó tráfico a que comprende todas as rúas sitas no interior do recinto amurallado. Por ese motivo, só se permitirá o acceso de vehículos para a entrada e saída dos aparcadoiros subterráneos, a través das rúas do Teatro (aparcadoiro de Santo Domingo), Montevideo, Bolaño Rivadeneira e a praza do Ferrol (aparcadoiro da praza do Ferrol) e non se permitirá ese día o estacionamento en superficie no interior do recinto amurallado.

E o domingo, día 22, celebrarase o Día da Bicicleta. Segundo explicou o Concelleiro de Deportes, haberá unha marcha ciclista  que sairá ás 12.00 co seguinte itinerario Praza Maior, Rúa Bispo Aguirre, Ronda da Muralla, Rúa Vilalba, Avenida de Ramón Ferreiro (ata Pintor Corredoira) Avenida Ramón Ferreiro (sentido centro da cidade), rúa Anxo López Pérez, Ronda da Muralla, Avenida da Coruña, Parque da Milagrosa, Rúa Montefaro, Avenida Infanta Elena e Centro Comercial As Termas, onde terá lugar un sorteo de agasallos no que poderán participar todas as persoas que se inscriban ata o día 21.

Díaz Grandío sinalou que os participantes terán que usar o casco obrigatoriamente e animou a todas as persoas a sumarse a esta iniciativa. Explicou, ademais, que non se trata dunha competición senón dunha actividade organizada para disfrutar dun paseo pola cidade en bicicleta.

Por mor da celebración desta marcha ciclista, o tráfico de vehículos será cortado para facilitar o paso dos ciclistas.

Programación

O calendario de actividades da Semana da Mobilidade inclúe as seguintes actividades: todos os días de luns a venres, en horario escolar, desenvolverase o programa Pqaxentes en catro colexios da cidade; para a terceira idade terán lugar as charlas “Camiña seguro”, que serán nos Centros de Convivencia en horario de 17.30 a 18.30, tamén de luns a venres. Na Praza de Anxo Fernández Gómez haberá un circuito de bicicletas para escolares o luns, martes e mércores, de 17.00 a 19.30 e o xoves e venres, no mesmo lugar haberá un circuito de patíns, entre as 20.00 e as 21.00 horas.

O sábado, cando se celebra o Día sen Coches, desenvolveranse no Casco histórico a actividade chamada “A cidade sen o meu coche”, que supón restriccións no tráfico e estacionamento de vehículos no Centro da cidade e, ademais, será gratis o transporte público.

E o domingo, Día da Bicicleta, haberá unha marcha ciclista dende a praza Maior, onde se concentrarán os participantes ás 11.30, e o Centro Comercial As Termas, onde rematarán os actos ás 13.00 horas.


Zonas 30 e peonalización

Con motivo da Semana Europea da Mobilidade, a Concellería de Protección da Comunidade tamén fixo públicas outras medidas nas que traballa e que están destinadas a favorecer a mobilidade dos peóns polas rúas de Lugo, en detrimento dos vehículos, así como a súa seguridade.

No apartado da peonalización de vías, a medida máis destacada é a incorporación da Ponte romana ó disfrute dos peóns, tanto lucenses como visitantes.

Ademais, o Goberno local ten prevista a creación de dúas novas zonas 30 na cidade, nas que se vai reducir o límite de velocidade do tráfico.

Galegos e A Cheda serán os seguintes barrios nos que se limitará a 30 km/h a velocidade de circulación para mellorar a seguridade dos peóns. Sumaranse así a unha medida que xa puxo en marcha este ano o Concello no Barrio Feijóo e en Augas Férreas.

A Concellería de Protección da Comunidade tamén traballa na creación de itinerarios seguros para peóns no contorno do estadio Anxo Carro. Entre outras medidas, o Concello ten solicitado ó Ministerio de Fomento que dispoña barreiras de seguridade ríxida nas dúas beiras da N-VI para evitar riscos ós peóns que cruzan indebidamente esta estrada.

Asimesmo, esta Concellería está a elaborar un proxecto para o desenvolvemento dos chamados itinerarios escolares.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova