Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade presentou as preto de 120 actividades socioculturais que beneficiarán a máis de 2.300 veciños


# Luns, 16/09/2013
González Abelleira destacou que hai actividades para todas as idades e orientada aos tempos actuais

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou esta mañá o programa de actividades socioculturais para periodo entre outubro do 2013 e maio de 2014. O prazo de inscripción abrirase entre o luns 23 e o venres 30 de setembro en horario de 09:00 a 13:00 nos propios centros sociais. Os solicitantes deberán estar empadroados na cidade e as cotas oscilan entre a gratuidade e os 20 euros máximo.

Ana González explicou que “o Concello aposta polo ocio saúdable e por educar en  habilidades sociais que nos permitan mellorar un pouco a nosa vida cotiá polo que se crearon cursos adaptados ás circunstacias actuais”. Outro dos aspectos que destacou é que un 20% das actividades están dirixidas exclusivamente aos maiores, aínda que tamén as hai exclusivamente para nenos e nenas de entre 4 e 15 anos.

O programa de actividades presenta este ano un total de 114 obradoiros dirixidos tanto a nenos e nenas como a persoas maiores de 65 anos, entre os que destacan os cursos de adestramento de memoria, o deporte da eterna xuventude denominado cachibol, bailes de salón, ou cursos de pintura e teas. Ademais, tamén se realizarán cursos de español para estranxeiros, de autocoidado e desenvolvemento persoal, e de relación co entorno dirixido a persoas chegadas doutros paises. As actividades agrúpanse en diferentes áreas que buscan desenvolver e aprender novas habilidades dos lucenses. 

Os máis cativos tamén poden escoller entre máis de 10 actividades distribuidas en diferentes áreas de actuación e nos que tamén poden atopar apoio escolar, baile ou teares e macramé.

As prazas adxudicaranse por sorteo público que se celebra o día 3 de outubro en cada un dos centros de convivencia municipal co seguinte horario:

- Centro de convivencia Fingoi: ás 09:00 horas
- Centro de convivencia Maruja Mallo: ás 09:45 horas
- Centro de convivencia Sagrado Corazón: ás 10.30 horas
- Centro de convivencia Milagrosa: ás 11:15 horas
- Centro de convivencia María Balteira: ás 12.15 horas
- Centro de convivencia Lamas de Prado: ás 13:00 horas
- Centro de convivencia Uxío Novoneyra: ás 13.45 horas

As persoas que obteñan praza nalgún dos obradoiros deberán efectuar o ingreso  da cota entre os días 3 e 15 de outubro. 
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova