Cargando....
Concello de Lugo
07/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo difunde a súa historia e a festa do Arde Lvcus esta fin de semana en Roma


# Sábado, 14/09/2013
O Alcalde e a Concelleira de Cultura foron convidados a participar nos Ludi Romani, o Cuarto Festival Internacional da Cultura Romana

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concello de Lugo montou un estand no Circo Máximo de Roma, no que se facilita información en varios idiomas da nosa cidade a do Arde Lucus

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, encabezan a delegación da cidade de Lugo que participa dende hoxe nos Ludi Romani, un festival da cultura romana que se celebra estes días en Roma.

A nosa cidade foi convidada a participar nos Ludi Romani, o Cuarto Festival Internacional da Cultura Romana, e aproveita o evento para difundir o noso pasado romano e para dar a coñecer a festa do Arde Lucus.

O Concello montou un estand no Circo Máximo, onde se celebra o evento, que permanecerá aberto hoxe e mañá e no que se amosan vídeos e se distribúe folletos informativos en castelán, inglés e itualiano tanto da cidade como da festa.


O Alcalde e a Concelleira de Cultura, que viaxaron a Roma acompañados de técnicos de Xuventude, serán os encargados de facer mañá, domingo, a presentación tanto ó público como ós medios de comunicación.

Ademais do Concello de Lugo, no evento participan institucións como o Concello e a Cámara de Comercio de Roma e diferentes asociacións de recreación histórica. Tamén hai diversas actividades como recreaciòns de cómo eran os peiteados para as grandes ocasións na sociedade romana ou como se tecía. Ademais participan nesta feira as lexións militares, coas armaduras e formacións militares tal como eran nos distintos momentos dende a época republicana ata a imperial, e celébranse espectáculos de gladiadores, nos que participan membros do grupo Ars Dimicandi, que tamén estivo presente na última edición do Arde Lucus.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova