Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comezan as obras dunha nova ventá arqueolóxica que abrirá o Concello de Lugo para deixar á vista parte dos mosaicos romanos da rúa Doutor Castro


# Martes, 17/09/2013
Sonia Méndez explicou que o Concello aposta por poñer en valor o patrimonio arqueolóxico que fai de Lugo unha cidade única

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concello investirá preto de 35.000 euros do Plan Urban na cuarta ventá arqueolóxica da cidade

A Concelleira de Economía agradece a colaboración dos propietarios da Zapatería Batitales que permitirá a Lugo dispor dun novo atractivo turístico

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, visitou hoxe o comezo das obras que leva a cabo o Concello para instalar unha nova ventá arqueolóxica que permitirá deixar á vista parte dos mosaicos romanos existentes no subsolo da rúa Doutor Castro.

Esta será a cuarta ventá arqueolóxica que instala o Concello, logo das que deixaron á vista a piscina romana da praza de Santa María, os restos do acueducto na praza de San Marcos e os restos da Muralla na rúa Nova. En total, o Concello leva investidos 300.000 euros na posta en valor do patrimonio arqueolóxico da cidade en actuacións deste tipo.

Méndez explicou que, “este non é un traballo doado, pero o Goberno local decidiu acometer este tipo de actuacións, que son complexas e requiren dun investimento importante porque queremos que Lugo sexa un referente internacional do turismo e as ventás arqueolóxicas a pé de rúa fan da cidade un museo e iso é algo que nos fai únicos”.

Tamén indicou a Concelleira de Economía que esta aposta do Goberno local xa está a dar froitos e lembrou o recoñecemento que lle concedeu ó Concello á Real Academia Galega de Belas Artes “Nosa Señora do Rosario” pola posta en valor da piscina de Santa María.

Méndez explicou que a instalación da nova ventá arqueolóxica na rúa Doutor Castro suporá un investimento de case que 35.000 euros que serán aportados polo Plan Urban, cofinanciado ó 80% pola Unión Europea.

Ademais, a Concelleira de Economía fixo un recoñecemento público ós propietarios da Zapatería Batitales polas facilidades que deron para a instalación da nova ventá arqueolóxica, que se abrirá dianto do seu establecemento, porque “están dispostos a sofrir as molestias e inconvintes que lles ocasionarán durante algún tempo ás obras pero foron sensibles ó que supón para Lugo a exhibición do seu patrimonio cultural”.

Pola súa parte o arqueólogo municipal Enrique González, explicou que a ventá arqueolóxica, que terá unhas dimensións aproximadas de 3 metros de largo por 50 centímetros de ancho, permitirá contemplar unha parte do mosaico de motivos xeométricos da gran casa romana que apareceu durante as obras de infraestrutura realizadas no ano 2004 na rúa Doutor Castro.

Da existencia dalgúns deses valiosos restos na zona xa se tiñan as primeiras noticias dende o século XIX. De feito, segundo explicou o arqueólogo municipal, xa en 1842 houbo un primeiro intento para conservalos, cousa que non foi posible polo elevado custe que supoñía, 13.000 reales da época.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova