Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello informou favorablemente á Xunta para a ampliación dos horarios dos locais de hostalería durante o San Froilán


# Martes, 17/09/2013
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo fixo esta solicitude que foi aceptada pola entidade municipal

O Concello de Lugo informou favorablemente sobre a petición dos hostaleiros de Lugo para poder ampliar a hora límite de peche dos establecementos de ocio durante as festas do San Froilán. Agora debe ser a Xunta, organismo que ten as competencias nesta materia, a que debe autorizar esta ampliación do horario durante a semana das festas.

Desta maneira, o Concello atendeu a solicitude realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo para a ampliación do horario durante as festas patronais e nas que se aumenta  considerablemente o número de visitantes na cidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova