Imprimir

O CONCELLO INFORMOU FAVORABLEMENTE Á XUNTA PARA A AMPLIACIÓN DOS HORARIOS DOS LOCAIS DE HOSTALERÍA DURANTE O SAN FROILÁN


17/9/2013 A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo fixo esta solicitude que foi aceptada pola entidade municipal

O Concello de Lugo informou favorablemente sobre a petición dos hostaleiros de Lugo para poder ampliar a hora límite de peche dos establecementos de ocio durante as festas do San Froilán. Agora debe ser a Xunta, organismo que ten as competencias nesta materia, a que debe autorizar esta ampliación do horario durante a semana das festas.

Desta maneira, o Concello atendeu a solicitude realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo para a ampliación do horario durante as festas patronais e nas que se aumenta  considerablemente o número de visitantes na cidade.