Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo invertiu neste ano máis de 150.000 euros en obras de mellora e mantemento dos colexios públicos


# Martes, 17/09/2013
Esther Muñóz sinalou que ademais “se fai un enorme esforzo subvencionando persoal nos comedores públicos co que permite abaratar o custe dos menús para ás familias”

Imaxe Asociada
A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, aproveitou o inicio do curso escolar para lembrar a inversión do Concello de Lugo nos colexios públicos da cidade. Así, explicou que durante os meses de verán leváronse a cabo actuacións de mellora nos colexios das Gándaras, Rosalía de Castro, Casás, Nadela, Quiroga Ballesteros, Fingoi II, A Ponte, Luis Pimentel, Paradai, Sagrado Corazón, Albeiros, Anexa, Illa Verde, Menéndez Pelayo e As Mercedes.

En todas estas obras de mantemento e mellora invertiuse preto de 73.000 euros. As obras foron de diferente entidade, dende pequenos arranxos, a pintar as instalacións ou a creación de novos insfraestruturas que melloren o día a dia nos colexios, como por exemplo na Escola Fingoi 2 que conta cunha nova pasarela cuberta para que non se mollen os nenos e nenas.

Esther Muñóz salientou que “as obras que se realizan durante o verán cubren unha parte do presuposto de 150.000 euros anuais para obras pero ao longo de todo o ano se traballa para o mantemento dos mesmos” pero “son moitas máis as actuacións que o Concello leva a cabo nos centros educativos” como por exemplo a contratación de cinco persoas, algunhas en situación de desemprego, dentro do programa experimental de emprego do Concello, para realizar exclusivamente estas tarefas ao longo de seis meses.

Neste sentido tamén insistiu no gran esforzo da inversión que realiza o Concello xa que, ademais das infraestruturas, tamén subvenciona o persoal que traballa nos comedores co que se abarata o prezo da comida facendo máis accesivo para todas as familias. A entidade municipal tamén se encarga do pago das facturas da luz de todos os centros educativos e que “nos últimos meses se viu incrementado debido ao aumento das tarifas”.  Tamén, de maneira gratuíta, dende a Concellería de Educación se ofrecen numerosas actividades extraescolares coas que se intenta conciliar a vida familiar e laboral das familias de Lugo. 


Martes


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova