Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo participou na inauguración das novas instalacións de Corén no municipio de Lugo


# Mércores, 18/09/2013
No acto, López Orozco, sinalou a importancia de ter unha empresa “tan importante a nivel europeo no noso Concello”

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo participou na inauguración das novas instalacións de Corén no municipio de Lugo

No acto, López Orozco, sinalou a importancia de ter unha empresa “tan importante a nivel europeo no noso Concello”


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistiu esta mañá á inauguración das novas instalacións que o Grupo Coren teñen no municipio de Lugo. Estas novas instalacións acollerán a curación dun novo producto denominado Xamón Selecta, de porco alimentado con castañas.

Neste sentido, López Orozco, sinalou que “esta empresa debe ser o espello no que debemos mirarnos para que Galicia siga prosperando, especialmente a interior, non en contra de ninguén, pero si en paralelo coa Galicia Atlántica”. Ademais, felicitou ao Grupo Coren, “porque siguen traballando e avanzando a pesar das dificultades deste momento e seguen trraballando e apostando pola calidade”.

Ao acto de presentación deste novo produto tamén asistiron Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, os Concelleiros de Economía e Industria e de Medio Rural, Francisco Conde e Rosa Quintana, o delegado do Gobierno en Galicia, Samuel Juárez e o Presidente da Diputación, José Ramón Gómez Besteiro, entre outros.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova