Imprimir

O TELECENTRO DO CASTIÑEIRO ACOLLE UNHA CHARLA SOBRE USO SEGURO DE INTERNET PARA MENORES


19/9/2013

O Telecentro do Castiñeiro vai acoller unha charla realizada por especialistas sobre o uso seguro de internet e redes sociais para menores o próximo xoves 26 de setembro entre as 16.00 e 20.00 horas, segundo informa a Concellería de Servizos Xerais e Participación Cidadá.

Desta maneira, preténdese que tanto maiores como adultos reciban as instrucións precisas para que usar a rede sexa un entretemento divertido e sen perigos para os menores e ao mesmo tempo, tamén aprenderán como identificar os posibles perigos.