Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo convertirase no maior escaparate do potencial turístico e gastronómico das cidades do Eixo Atlántico durante as festas do San Froilán


# Xoves, 19/09/2013
A feira Expocidades, organizada polo Eixo Atlántico, terá lugar en Lugo do 3 ó 6 de outubro

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Está prevista a participación dunha trintena de expositores que presentarán o mellor da oferta turística da eurorrexión

O Alcalde, José López Orozco, o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, presentaron hoxe Expocidades, a feira etnoturística do Eixo Atlántico que se vai celebrar na nosa cidade durante as festas do San Froilán.

Máis dunha trintena de expositores presentarán o mellor da oferta turística da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal durante este evento, que terá lugar en Lugo entre os días 3 e 6 de outubro.

Na presentación da feira, o Alcalde destacou que “eu son un entusiasta da idea do Eixo Atlántico, creo que o noso futuro pasa pola potenciación do mesmo” e explicou que “é moi importante poñer en marcha proxectos coma este, para unha comunidade de máis de seis millóns de persoas, residentes nas cidades de Galicia e o Norte de Portugal, que compartimos historia, paisaxe e moitos outros vínculos que nos unen”.

Tamén lembrou o Alcalde que, logo da promoción do Arde Lucus a pasada fin de semana en Roma, vai ser moi importante a celebración deste evento en Lugo durante a festa do San Froilán.

“O noso San Froilán é unha festa de interese turístico galego e nacional pero vai ser moi bó que veñan persoas do resto de Galicia e do Norte de Portugal coñecernos un pouco máis nesas datas”, salientou López Orozco.

Pola súa parte, Xoán Vázquez Mao informou de que a elección de Lugo para a celebración desta feira débese “ó liderazgo de López Orozco no Eixo Atlántico e, tamén, a que Lugo é a única cidade do Eixo Atlántico interior que consegue mover tanta xente como a que pasa pola festa do San Froilán”. Neste sentido, destacou que este evento “no que veñen cidades de fóra promocionarse en San Froilán vai significar, tamén, a internacionalización desta festa”.

Expocidades será o maior escaparate do potencial turístico das cidades que integran o Eixo Atlántico. Esta entidade transfronteiriza, creada hai 20 anos, é unha das principais referencias do que sucede na eurorrexión Galicia Norte de Portugal.

A feira celebrarase no aparcamento do Edificio administrativo do Concello, onde está prevista a instalación de máis dunha trintena de estands, nos que estarán representados 25 concellos de Galicia e o Norte de Portugal.

A exposición situarase nunha das zonas de maior afluencia de público, próxima á Muralla, e ocupará unha superficie de 600 metros cadrados, nos que unha trintena de expositores van presentar o mellor da oferta turística da eurorrexión.

Paralelamente ó desenvolvemento da feira terá lguar unha mesa de contratación na que se mostrar produtos etnogastronómicos das cidades e promocionar produtos de calidade e excelencia.

Con entrada gratuíta, a feira das cidades do Eixo Atlántico, Expocidades, estará aberta entre as 12.00 horas e as 21.00 horas, entre os días 3 e 6 de outubro.

Expocidades será unha exposición na que o deseño se vai axustar ós estándares de sostenibilidade.

Este evento naceu ó abeiro da primeira Capitalidade Cultural do Eixo Atlántico, celebrada en Vila Nova de Gaia, en 2009. O éxito daquela convocatoria e a demanda das cidades integradas no Eixo Atlántico animaron á entidade a poñer en marcha esta exposición en colaboración co Concello de Lugo.
Xoves
Xoves


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova