Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 500 alumnos inician o segundo curso da Escola Municipal de Música


# Xoves, 19/09/2013
Neste centro impártense 12 especialidades musicais nas que poden participar dende os máis pequenos aos máis maiores

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Director da Escola Municipal de Música, Armando Morales, deron conta do inicio do novo curso académico da Escola de Música. Así, este segundo ano de funcionamento, conta cunha matricula de 462 alumnos matriculado e 62 alumnos en lista de agarda que serán admitidos ao ter a suficiente capacidade grazas ás obras de ampliación realizadas durante este verán.

Carmen Basadre explicou que “é unha satisfación que a Escola medre tanto en tan pouco tempo o que significa que foi moi ben acollida na cidade xa que entre outras cousas dispón de 12 especialidades musicais diferentes e con 13 profesores”. Tamén salientou que xa se crearon varios grupos de música tradicional, charanga, big band e outro de pandeiretas, e “temos que seguir traballando para que se consoliden e se cren algúns novos”.

Durante este próximo curso tamén se vai continuar cos concertos didácticos nos diferentes colexios da cidade que serven para achegar a música aos nenos e nenas e para dar a coñecer a Banda Municipal de Música e que o ano pasado tivo moito éxito, segundo explicou a responsable de Cultura.

Pola súa banda, Armando Morales, sinalou que unha das prioridades para os próximos cursos é a creación dunha banda xuvenil e infantil co alumnado da Escola e destacou que “o 50% da matrícula son nenos e nenas de entre 3 e 8 anos de idade o que significa que lle darán continuidade as este ilusionante proxecto”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova