Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá venres no fondo da Praza Maior haberá diversas actividades para concienciar a mozos e maiores dos perigos do abuso de bebidas alcohólicas


# Xoves, 19/09/2013
Baixo o lema Non te pases de voltas! Sé responsable haberá actividades para promover un consumo responsable do alcohol

Mañá venres no fondo da Praza Maior haberá diversas actividades para concienciar a mozos e maiores dos perigos do abuso de bebidas alcohólicas

Baixo o lema Non te pases de voltas! Sé responsable haberá actividades para promover un consumo responsable do alcohol


A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que mañá entre as 18.00 e as 22.00 horas no fondo da Praza Maior haberá diferentes actividades enmarcadas dentro do programa de dinamización do consumo responsable NON TE PASES DE VOLTAS! SÉ RESPONSABLE que está destinado aos mozos entre 16 e 30 anos que se acheguen ás instalacións.

Para a realización desta actividade contarase con tres espazos diferenciados con un posto de Información Servizo de Prevención sobre os servizos que ofrece a área de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo, asi como dos perigos do consumo do alcohol e outras drogas.

A segunda área está denominada como Estacións e está destinado á realización de diferentes actividades que permitirán experimentar os diferentes efectos do consumo en calquera actividade e farase a través dunhas gafas que simulan os efectos do alcohol e coas que se farán exercizos de destreza e habilidade. A primeira proba será nun circuito de karts a pedales, a segunda un circuito combinado no que terán que camiñar sobre unha liña de cinta adhesiva no char e realizar un circuito de conos, a terceira serán habilidades oculomanuais e finalmente unha proba no que teñen que intentar meter cinco lápices en vasos separados 10 centímetros.

O terceiro espazo será a zona de degustación de cócteles sin alcohol coas receitas de cómo se elaboran. Os participantes recibirán diferentes agasallos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova