Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O último número da revista de creación poética Xistral presentouse hoxe no Concello


# Xoves, 19/09/2013
O último número da revista de creación poética “Xistral” presentouse hoxe no Concello

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O último número da revista de creación poética “Xistral” presentouse hoxe no Concello

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, presidiu esta tarde a presentación do último número de da revista de creación poética Xistral. O acto tivo lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello e nel participou, tamén, o Coordinador da publicación, Camilo Gómez Torres.

Na súa intervención, a Concelleira salientou a importancia desta revista, que xa chegou ó seu número 16, para a difusión da poesía galega, precisamente nunha época na que “o idioma galego non pasa polo seu mellor momento”. 

A Concelleira agradeceu o labor desinteresado en favor dun tesouro que temos os galegos, como é a nosa língua, que fan todos os colaboradores desta publicación, así como a súa importante aportación á pervivencia da poesía.

Ademais, Carmen Basadre, asegurou que o Concello seguirá a manter o seu apoio á difusión da poesía mentres atope a colaboración actual para sacar adiante a revista Xistral.

O acto rematou coa lectura dalgúns dos poemas publicados neste último número da publicación.

Os poetas

No número 16 de Xistral. Revista Lucense de Creación Poética publícanse poemas de 53 autores diferentes: Natalia Alonso Ramos, Diana Aradas Blanco, Carlos Arias, Lupe Bao, Xosé Blázquez, Joaquín Carballido Parra, Marina Cillero, Cristina Corral Soilán, Jesús Corredoira, Soraya Cortiñas Ansoar, Alicia Chao Penela, Eva de la Torre Conde, José Estévez López, Euloxio Fernández, Mª Sara Fernández, Susana Ferreiro Mediante, Adela Figueroa, Antón Fortes, Ana Mar Fraga, Xosé Lois García, Germán García Mera, Teresa Gómez Senra, Eva González Álvarez, Baldomero Iglesias (Mero), Emilio Xosé Ínsua, María Xose Lamas, Ángel Lamas Muinelo, Jacobo Llamas, Miguel Anxo Macía, Martiño Maseda, Manuel C. Matalobos, Enrique Mora Morandeira, Manuel Xosé Neira, Isidro Novo, Toño Núñez, Xosé Otero Canto, Jesús Alfonso Parada Jato, Pepa, Melania Pérez Cruz, Vicente Piñeiro, Pepe Pol, Luz Pozo Garza, Xesús Rábade Paredes, Claudio Rodríguez Fer, Margarita Rodríguez Otero, Jacobo Sánchez Quintela, Saturnino Valladares, Lois Vázquez Fernández, Antonio Vázquez Tierra, Elvira Veloso e Helena Villar Janeiro.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova