Imprimir

A BANDA MUNICIPAL ADICA O SEU CONCERTO DESTE DOMINGO Á SEMANA DE CINE


20/9/2013

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, da que é responsable Carmen Basadre, comunica que o próximo concerto da Banda Municipal estará adicado á XXXV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.

O concerto terá lugar o domingo, ás 12.30 horas na Praza Maior e será dirixido por Rosendo Ivorra.

O programa está composto polas seguintes obras: Amparito Roca, de Teixidor; O tambor de granadeiros, de R. Chapí; American folk suite, de H. L. Walters; O baile de Luis Alonso, de Giménez; A italiana en Alxer, de Rossini, e Gloria ao traballo, de Teixor.