Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O luns 23 de setembro comeza o traslado para a nova ubicación da oficina da Tarxeta Cidadá


# Venres, 20/09/2013
A partir desa semana a solicitude e expedición instantánea da tarxeta será no edificio administrativo do Seminario e simplificará o tempo e os trámites

A Concelleria de Servizos Xerais e Participación Cidadá informa que o próximo luns 23 de setembro non estará aberta a oficina da Tarxeta Cidadá xa que comeza o traslado á nova ubicación que será na planta baixa do edificio do Seminario. Desta maneira, o luns realizaranse os cambios físicos e a instalación informática necesaria para a expedición da tarxeta.

Ademais, non só se producirá un traslado de equipos senón que tamén haberá modificación na tramitación das mesmas. Desta maneira, mediante un programa informático permitirá a estampación das tarxetas polos propios funcionarios municipais e, polo tanto, a entrega da tarxeta aos solicitantes será inmediata.

Coa incorporacións destes dous postos de atención ao público con sendos equipos de estampación tamén se producirá unha modificación á hora de solicitalas xa que os interesados poderán imprimir á solicitude dende a web, acudir ao banco a pagar as taxas, entregar a documentación nas instalacións municipais e nese momento recibirán de forma inmediata a tarxeta.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova