Imprimir

O LUNS 23 DE SETEMBRO COMEZA O TRASLADO PARA A NOVA UBICACIÓN DA OFICINA DA TARXETA CIDADÁ


20/9/2013 A partir desa semana a solicitude e expedición instantánea da tarxeta será no edificio administrativo do Seminario e simplificará o tempo e os trámites

A Concelleria de Servizos Xerais e Participación Cidadá informa que o próximo luns 23 de setembro non estará aberta a oficina da Tarxeta Cidadá xa que comeza o traslado á nova ubicación que será na planta baixa do edificio do Seminario. Desta maneira, o luns realizaranse os cambios físicos e a instalación informática necesaria para a expedición da tarxeta.

Ademais, non só se producirá un traslado de equipos senón que tamén haberá modificación na tramitación das mesmas. Desta maneira, mediante un programa informático permitirá a estampación das tarxetas polos propios funcionarios municipais e, polo tanto, a entrega da tarxeta aos solicitantes será inmediata.

Coa incorporacións destes dous postos de atención ao público con sendos equipos de estampación tamén se producirá unha modificación á hora de solicitalas xa que os interesados poderán imprimir á solicitude dende a web, acudir ao banco a pagar as taxas, entregar a documentación nas instalacións municipais e nese momento recibirán de forma inmediata a tarxeta.