Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo duplica o presuposto ata os 299.000 euros para as axudas de vivenda de aluguer


# Venres, 20/09/2013
A Concelleira de Benestar Social anunciou esta mañá que o presuposto inicial de 149.000 euros duplícase grazas aos remanentes de tesourería

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, informou esta mañá do incremento de 150.000 euros na partida orzamentaria destinada a axudas de aluguer de vivendas, polo que pasarán a ser 299.000 euros en total para este ano 2013.

A responsable da área sinalou que “é vontade do Concello de Lugo facilitar o acceso á vivenda daqueles colectivos cunha situación socioeconómica que lles dificulte ou imposibilite exercitar este dereito”. Sinalou tamén o aumento do número de familias que solicitan esta axuda e como estas subvencións van medrando ano tras ano debido a que a situación económica non mellora. 

González Abelleira fixo un histórico das axudas lembrando que o primeiro ano, no 2005, tiña un orzamento de 19.000 euros e só 28 persoas a solicitan. Esta cifra foi progresando ante as necesidades dos veciños e veciñas da cidade que xa no 2010 houbo 213 solicitantes e a cantidade ascendía a 135.000 euros. No 2001 solicitaron 273 familias e o presuposto aumentouse ata os 141.000 euros,a mesma cifra que no ano 2012. Finalmente, na convocatoria deste ano son 361 solicitantes e 299.000 euros de presuposto para dar cabida ao maior número de solicitudes.
“Dentro destas medidas concretas hai que situar o gran esforzo subvencionador do Concello de Lugo que, nos últimos anos duplicou e, en moitos casos, incluso, triplicou como é o caso, e que, en boa parte, se canaliza a través do noso servizo” segundo a Concelleira de Benestar Social que sinalou que “se trata dunha medida excepcional para, na medida do posible, tentar paliar os efectos da crise económica”.
En relación ó programa de axudas para financiar parcialmente, nun 50%, o alugamento de vivenda destinada a domicilio habitual das persoas residentes no termo municipal de Lugo, indicar que o obxecto de ditas axudas é  establecer e regular un programa coa finalidade  de contribuír a facilitar o acceso á vivenda a aquelas persoas que se atopen nunha situación socioeconómica que lles dificulte ou imposibilite exercitar este dereito. 



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova