Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza a segunda fase das obras para convertir o Vello Cárcere nun Centro Cultural


# Venres, 20/09/2013
O Alcalde destaca que o Concello inviste 3,7 millóns de euros do Plan Urban nun proxecto que recupera un edificio histórico e axuda a crear emprego en Lugo

Na segunda fase das obras crearase un auditorio, unha biblioteca e unha cafetería con vistas á Muralla

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, visitaron hoxe o Vello Cárcere onde comezaron hoxe as obras correspondentes á segunda fase do proxecto de rehabilitación deste singular inmoble, que se vai converter nun novo Centro cultural para o Centro de Lugo.

O Concello investirá no proxecto de transformación do Vello Cárcere nun Centro cultural un total de 3,7 millóns de euros do Plan Urban, programa cofinanciado ó 80% pola Unión Europea e ó que tamén fan achegas o Concello e a Deputación provincial. 

O Alcalde manifestou que, con esta obra, o Concello, ademais de contribuir á rehabilitación dun edificio emblemático que forma parte do patrimonio de Lugo e de dotar ó Centro da cidade dun novo equipamento cultural, tamén supón facer unha importante obra pública e “colaboramos con ela á creación de emprego nun sector como o da construcción que é dos máis afectados pola crise”.

López Orozco explicou que a obra supón un mínimo de 30 postos de traballo e destacou que a metade deles son traballadores que recibiron formación nos cursos que organizou o Plan Urban en colaboración coa Fundación Laboral da Construcción. 

A segunda fase do proxecto ten un presuposto de case 1,4 millóns de euros que se investirán na reforma do edificio para habilitar un auditorio que disporá de 137 butacas e estará dotado de camerinos. Tamén se habilitará unha biblioteca, unha zona de recepción e haberá unha tenda e unha cafetería que terá vistas á Muralla.

A obra dispón dun prazo de execución de doce meses e será executada pola empresa San José.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova