Cargando....
Concello de Lugo
15/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O recoñecido psicólogo Javier Urra impartirá unha charla sobre o manexo das dúbidas e presións en mozos e mozas


# Luns, 23/09/2013
Terá lugar o mércores 25 ás 19.00 horas no salón de actos do Centro de Convivencia do Uxio Novoneyra

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que este mércores 25 de setembro van ter lugar dentro das “Xornadas mocidade, ocio e familia”, a charla informativa do psicólogo e pedagogo terapeuta, Javier Urra, e que terá lugar ás 19.00 horas no salón de actos do Centro de Convivencia Uxio Novoneyra.

Esta actividade que está dirixido á mocidade, aos pais e nais, ao profesorado e a poboación en xeral, estará centrada nos valores e o manexo das dúbidas e as presións entre os maís novos e como controlar esas situacións.

O especialista en psicoloxía, Javier Urra, ven de publicar o libro Respuestas Prácticas Para Padres Agobiados no que se marcan diferentes pautas para que os pais e nais actuais que teñen que compaxinar a vida familiar coa laboral poidan facelo dunha maneira máis sinxela e sabendo controlar diferentes situacións sentimentais. Ademais tamén foi Defensor do Menor na Comunidade de Madrid entre os anos 1996-2001 e Presidente da Rede Europea de Defensores do Menor.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova