Cargando....
Concello de Lugo
15/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A cidade de Lugo acolle a primeira carreira 3 Horas Monumentales de Relevos este próximo domingo día 29


# Luns, 23/09/2013
A saída será dende a Praza de Santa María e os participantes terán 3 horas para dar o maior número de voltas posibles ao adarve da Muralla

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandio, acompañado por Oscar Silgueiro e Roberto Tomé, membros da organización, presentaron a primeira carreira por relevos 3 Horas Monumentais por Lugo que se celebra o próximo domingo 29 de setembro no adarve da Muralla.

A carreira comezará ás 10.00 horas do domingo e o punto de saída será a Praza de Santa María e os equipos estarán formados por tres persoas, que durante as tres horas de duración da competición terán que ir realizando relevos entre eles para dar o maior número de voltas posibles á Muralla. O equipo gañador será aquel que ao rematar as tres horas de duración teñan dado máis voltas ao monumento.

Díaz Grandío manifestou que “esta é a primeira vez que se fai algo similar en Lugo e vai ter moita aceptación entre os lucense e ademais agardemos que esta primeira edición teña continuidade”.

Pola súa parte, os organizadores, sinalaron que esta actividade ten por obxetivo transformar un deporte individual nunha carreira por equipos no que estar en forma é importante pero tamén a estratexia e pasalo ben cos amigos. 

Neste sentido, Roberno Tomé, tamén explicou que “pretendemos adaptarnos aos tempos e ofrecer a todos os afecionados ao running un evento diferente no que Lugo é a experiencia piloto para que no 2014 se poida realizar un circuito deste tipo en toda Galicia”. Para inscribirse aínda está aberto o prazo ata o xoves 26 na web www.championchipnorte.com .



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova