Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo apoia ao pequeno comercio con diferentes actividades nas rúas e melloras nas instalacións municipais


# Luns, 23/09/2013
Na Mesa Local de Comercio celebrada esta mañá informouse das diferentes accións que moveron máis de 12.000 persoas polas rúas da cidade durante o verán

Imaxe Asociada
Carmen Basadre tamén informou que se vai tentar negociar coa empresa xestora dos parkings públicos a ampliación  do tamaño das prazas dos aparcamentos  

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, informou esta mañá da reunión que mantivo a Mesa Local de Comercio e na que se deu o visto bo para a realización de diversas actuacións promocionais dentro do proxecto de dinamización do sector comercial lucense coa finalidade de apoiar o comercio e os comerciantes de Lugo. 

Por outro lado, Carmen Basadre, tamén informou dos proxectos municipais que contribúen á dinamización do comercio local, como  foron as actividades e actuacións musicais que se levaron a cabo durante o verán e nas que se estima que unhas 12.000 persoas estiveron polas rúas da cidade. Ademais tamén se deu conta das actuacións levadas a cabo polo Plan Urban e as melloras que supuxo para a cidade ademais de tratar sobre os proxectos de mellora tanto do Mercado e da Praza de Abastos. Outro dos anuncios efectuados foi a solicitude ás empresas xestoras do parking de Santo Domingo para que aumenten o tamaño das prazas de aparcamento “co que se contribúe a que moitas persoas que agora non as usan por falta de espazo poidan volver a deixar o coche nelas”.

Carmen Basadre, tamén destacou que un proxecto galego no que se “lles dá vida aos escaparates de locais pechados” para convertilos en pequenos lugares de exposición de obras ou de anuncio de produtos para “que recuperen a vida e a luz que perderon co peche do negocio e co que se tamén se combate o feismo”.

Na reunión que estivo presidida polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, tamén estivo o Presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas, e representantes dos grupos políticos municipais, e das diferentes asociacións de comerciantes e hosteleiros.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova