Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Case 3.000 mozos e mozas participaron no programa Previlugo 2012-2013 de prevención e fomento de valores


# Luns, 23/09/2013
Carmen Basadre tamén anunciou que o martes 24 de setembro comezan as novas actividades dos Sábados +XTI 2013

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, fixo balance esta mañá do programa Previlugo do curso 2012- 2013. Estes  obradoiros teñen como obxectivo a prevención e formación a través de programas de intervención e tentan ser una ferramenta de traballo para fomentar en valores como a igualdade ou a non violencia.

Este curso ofertáronse diferentes obradoiros e charlas formativas con material audiovisual no que participaron un total de 2.970 alumnos e alumnas de ESO e BAC dos centros públicos. Dentro dos obradoiros ofertáronse Habilidades sociais, que foi o máis demandado polos centros, e seguido de Técnicas de estudo, Resolución de conflictos, Educación afectivo sexual e Orientación laboral.

Por primeira vez, tamén se incorporaron sesións de charlas  formativas apoiadas con material audiovisual sobre A boa alimentación e os tratornos alimentarios, que foi a máis demandada, o Acoso:Bulling, as Redes Sociais, e o Conflicto.

Por outra parte, a responsable da área de Xuventude, tamén deu conta do número de casos atendidos polas asesoría xuvenis xurídica e psicolóxica. Así, foron 59 persoas dos cales 20 foron homes e 39 mulleres, que demandaron información xurídica en materia de temas civís, penais, administrativos e laborais e máis do 50% xa utilizaran o servizo con anterioridade.

A asesoría psicolóxica realizou 235 intervencións, atendendo 108 persoas, das cales 39 eran unidades familiares e 21 individuais, o que significa que aumentou un 21% con respeto ao ano anterior. En canto as problemáticas mais demandada destacan as pautas de conducta para os fillos situándose nun 54 %, tendo incluso alguns  casos de violencia cos pais, tamén un 17% foi para problemas de autoestima, un 13% ansiedade e estress, un 9% relativa a estudos e organización do tempo e o resto de problemáticas supuxeron un 7%.

Comezo actividades dos sábados +XTí
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, que dirixe Carmen Basadre, tamén ten programadas diferentes actividades dentro do programa de prevención de drogodependencias e ocio alternativo Sábados +XTI 2013. Estas actividades están destinadas a mozos de 12 a 19 anos de idade, son gratuítas e teñen duran ata decembro. Comezan o martes 24 con Monólogos en horario de 16.30 a 18.30; os mércores hai un curso de Teatro de 19.00 a 21.00 e de Maxia de 16.30 a 18.30, e os venres de 16.30 ás 19:30 un de fotografía, todos eles no Centro de Convivecia Uxio Novoneyra.

Os sábados, as actividades trasládanse á Casa da Xuventude e haberá, Urban Dance de 11.00 a 13.00 horas; Defensa Persoal, entre as 17.30 e as 19.00 horas, e Parkour de 16.00 a 17.30 horas. Para inscribirse pódese facer directamente cos monitores das actividades nos días e horas que se indica.

Programa Creative
A responsable da área de Xuventude, Carmen Basadre, tamén anunciou que os días 5 e 12 de outubro, durante as zonas do San Froilán, nas zonas de copas da cidade haberá unha unidade móbil e un equipo de educadores que teñen como fin facilitar o acceso á información e ofrecer asesoramento aos mozos e mozas sobre os riscos derivados do consumo de alcohol e outras drogas. A intervención levarase a cabo entre as 24 horas e as 3 da madrugada.


Enredadarrobas
O xoves 26 de setembro ás 20 horas no Auditorio Gustavo Freire vai ter lugar unha obra de teatro titulada EnREDadarrobas dirixodo para mozos e mozas a partir dos 13 anos e no que se tratará a intensa relación entre os xovenes e as pantallas e as novas tecnoloxías da información.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova