Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe ao novo Presidente dos Empresarios de Galicia e amósalle as cualidades das que dispón a cidade para a instalación de novas empresas


# Martes, 24/09/2013
Na recepción estiveron acompañados por membros das directivas da Confederación de Empresarios de Galicia e de Lugo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá a visita do novo Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Jose Manuel Fernández Alvariño, despois do seu nomeamento durante este verán e que estaba acompañado por Jesús Quintá García, Conselleiro Delegado da CEL. No acto tamén participaron diferentes membros das directivas da Confederación de Empresarios de Galicia e de Lugo.

López Orozco, expresoulle a súa noraboa polo novo cargo e sinalou as cualidades da cidade de Lugo para ser unha futura referencia dentro do sector empresarial e animounos a instalarse no novo parque empresarial de As Gándaras. Ademais, o Alcalde, destacou que “dende o Concello se traballa para facilitar a creación de novas empresas nesta época de dificultades como é a bonificación do 50% das taxas para as que se instalen no parque de As Gándaras, as axudas para emprendedores a través do CEI-Nodus ou as infraestruturas que ten a cidade”.

Para o Alcalde, Lugo é hoxe unha cidade con “recursos humanos como nunca tivo, e que o novo polígono era unha gran necesidade que tiña a nosa cidade, xa que o noso obxectivo é que moitos emprendedores poidan vir crear riqueza e emprego, que é o que necesita a nosa cidade”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova